viernes, 6 de noviembre de 2009

CONCURSO DE LOGOTIPOS "MONFERO SOLIDARIO"

O Departamento de Debuxo en colaboración co proxecto Monfero Solidario” organiza un concurso de logotipos dirixido a todos os alumnos e alumnas deste centro.

BASES:

1. Dirixido a : Todos os alumnos/as do CPI “Virxe da Cela”, que poderán participar de forma individual ou por parellas.

2. Tema: O Concurso ten por obxecto a creación dun deseño gráfico que identifique Monfero Solidario en todos os ámbitos, e á vez convertirase na imaxe representativa do mesmo. Valorarase calquera tipo de referencia que se identifique coas actividades de “Monfero Solidario”.

3. Lema: O logotipo poderá incluír texto: “Monfero Solidario” ou ser simplemente gráficos (unha imaxe). Tamén se poden presentar lemas relativos ao tema.

4. Formato: Tamaño mínimo un A4 (21x29,7 cm) e máximo un A3 (29,7x42 cm).

5. Técnica: Poderase utilizar calquera tipo de técnica bidimensional: rotuladores, lapis, témperas, collage, ordenador etc. Non poderá ter ningún tipo de elemento tridimensional: cortes, encartados, obxectos pegados, etc. Non se poden usar cores metalizadas nin purpurina.

6. Características: So poden utilizarse un máximo de 2 cores planas, sin contar o branco . Ten que ser unha imaxe moi sinxela tanto na forma como na súa interpretación.

7. Data límite de entrega: Mércores 9 de decembro de 2009. Entregaranse ás profesoras de Plástica ou nos Departamentos de Música e Relixión.

8. Premios: Os premios entregaranse o día 22 de decembro. Outorgaranse tres premios consistentes en cheques-regalo para a compra de material escolar. Un premio para infantil e primaria, outro premio para secundaria e o 1º premio, que ademais do cheque-regalo será o logotipo que “Monfero Solidario” utilizará no blogue e en calquera outro soporte que represente ao proxecto. Farase unha exposición dos traballos presentados no centro e no blogue.

9. Xurado: O xurado estará composto por profesores/as deste centro.
Animádevos!!!


2 comentarios:

  1. Estos dias estamos a facer un mercadillo pa os nenos e nenas de Haiti vendendo cousas nosas que non tiñan utilidade. O que recaudemos levaranllo pa axudar os máis necesitados.

    ResponderEliminar
  2. o dos logotipos e unha boa iniciativa que se deberia levar a cabo en todos os centros

    ResponderEliminar