Mostrando entradas con la etiqueta violencia de xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta violencia de xénero. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de mayo de 2023

I CONCURSO DE MICROVÍDEOS "DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO"

Coa intención de alcanzar a igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes na sociedade e concienciar á poboación en xeral e a mocidade sobre a violencia de xénero dixital, a Deputación Provincial da Coruña convoca neste ano o I Concurso de microvídeos "De fronte á violencia de xénero".

O obxecto do certame é elaborar un microvídeo a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización, identificación e prevención das violencias de xénero dixital, entendidas estas como todas as condutas de violencia de xénero que se exercen a través das novas tecnoloxías, redes sociais e/ou en Internet.

Preténdese que a través da elaboración do microvídeo a poboación adolescente cree debate, reflexión, mobilización e cambio social sobre o ciberacoso, sexting, sextorsión, stlaked, grooming, shaming, doxing ou calquera outra forma de acoso nas redes.

Así mesmo, o concurso anima á participación da comunidade educativa (profesorado, familias e contorna) como piar necesario para guiar e orientar o proceso de creación.

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.

Cada participante só poderá presentar un único microvídeo orixinal e inédito, non premiado con anterioridade nin difundido publicamente antes por ningún tipo de soporte nin canle.

Outorgaranse ata 10 premios de 1000 euros.

microvídeos violencia xénero by veracruces on Scribd

viernes, 25 de noviembre de 2022

CONMEMORACIÓN DO 25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

    Hoxe, venres 25 de novembro de 2022, conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Profesorado e alumnado das tres etapas educativas reunirémonos no recreo para levar a cabo un acto simbólico no que o alumnado do centro comparta as súas pancartas, collages e e outros  materiais con lemas contra a violencia de xénero.”

    Ademais, durante estes últimos días realizáronse diferentes actividades de sensibilización nas aulas e titorías, elaborouse un video coxunto, un podcast radiofónico e organizouse unha exposición con paneis e bibliografía específica na Biblioteca Castelao. 










viernes, 23 de septiembre de 2022

XIX CONCURSO DE CARTAS "DILLO A QUEN MALTRATA" 2022

 

O XIX Concurso de cartas "Dillo a quen maltrata" 2022, organizado polo Concello de Lalín a través da Oficina de Igualdade, ten o obxectivo de promover a reflexión sobre a problemática da violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural, vicaria..., así coma os efectos e consecuencias da mesma. O prazo de presentación estará aberto do 24 de setembro ata o 3 de novembro.

Díptico Concurso de Cartas Xix Dillo a Quen Maltrata 2022 by veracruces on Scribd

Bases Reguladoras Premios Xix Concurso de Cartas Dillo a Quen Maltrata 2022 Concello de Lalín by veracruces on Scribd

viernes, 29 de octubre de 2021

XVIII CONCURSO DE CARTAS "DILLO A QUEN MALTRATA" 2021

Achegamos información sobre o XVIII Concurso de cartas "Dillo a quen maltrata" 2021, organizado polo Concello de Lalín a través da Oficina de Igualdade, co obxectivo de promover a reflexión sobre a problemática da violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural, vicaria..., así coma os efectos e consecuencias da mesma. O prazo de presentación estará aberto do 9 de outubro ata o 4 de novembro. Bases dispoñibles en: https://www.lalin.gal/axudas-premios-e-bolsas

DÍPTICO Concurso de Cartas XVIII Dillo a Quen Maltrata 2021 by veracruces on Scribd

Bases Reguladoras Dos Premios Do Xviii Concurso de Cartas Dillo a Quen Maltrata 2021 by veracruces on Scribd

viernes, 13 de noviembre de 2020

ÚNETE A NÓS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: CONCELLO DE IRIXOA

Dende o Concello de Irixoa anunciamos a posta en marcha da campaña contra a violencia de xenero “ÚNETE A NÓS CONTRA A VIOLENCIA”. A violencia de xénero segue a ser unha constante na vida social , familiar e persoal contra a que estamos obrigadas/os a loitar na procura de solucións e farramentas que a fagan desaparecer. Cada acto, cada actividade, cada actitude que favoreza a súa erradicación fará que como persoas e como sociadade construamos un mundo mellor, máis igualitario, máis equilibrado e onde poidamos relacionarnos dende o que somos como persoas e non por unha definición marcada polo noso sexo ou o noso xénero. Ante a situación sanitaria coa pandemia mundial que estamos a vivir este ano 2020 que nos impide realizar actos e actividades presenciais, presentamos dende SS.SS. do concello de Irixoa unha campaña que teña presenza nos medios telemáticos que temos ao noso alcance, e a través da súa páxina web deixar constancia que Irixoa rexeita a violencia de xénero. A campaña durará todo o mes de novembro. Iranse subindo cada semana á páxina web do concello contidos e referencias: - audivisuais - musicais - poéticas - literarias Para que poidades ver, ler, visitar, escoitar cousas que se están a facer para contribuir a eliminar esta violencia contra as mulleres. O día 25 de novembro faremos unha lectura, no exterior do concello, dun manifestó en contra da violencia de xenero. Acto ao que estades invitadas/os, respectando sempre as medidas de seguridade establecidas, que garantan a nosa saúde. Por motivos legais, non podemos poñer directamente na páxina web os enlaces que levarían dun xeito directo á información que vos mostramos, polo que presentaremos os datos que vos axuden a atopalos nas redes sociais e na internet. Grazas de antemán polo voso interés e participación. Desexamos que esta iniciativa cumpra os seus obxectivos.

martes, 30 de abril de 2019

VIOLENCIA DE XÉNERO NA PUBLICIDADE E NOS MEDIOS AUDIOVISUAIS

 No CPI Virxe da Cela temos claro que o papel dos centros educativos e do profesorado é un factor clave na prevención da violencia de xénero. De entre as actividades realizadas con este fin, o mércores 24 de abril tivo lugar unha charla dirixida ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO, sobre a “Violencia de Xénero na publicidade e nos medios audiovisuais" impartida por Gela G. Sánchez-Albornoz no marco do Plan Proxecta 2018-2019 dentro do programa da Secretaría Xeral da Igualdade “Por 365 días de repecto e igualdade”.



lunes, 14 de enero de 2019

SUPRIME O CONTROL

Venres 11 decembro 2019. O programa Suprime o Control está organizado pola Deputación da Coruña e ofreceráselle ao alumnado de 3º e 4º da ESO, ás súas familias e ao profesorado, ferramentas coas que traballar a favor da construción de identidades igualitarias, facendo unha especial crítica á violencia machista na adolescencia e á súa reprodución por medio das aplicacións móbiles, das redes sociais, etc. Organizado polo Departamento de Orientación.



miércoles, 19 de diciembre de 2018

V CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No marco das actividades en prol da igualdade e da loita contra a violencia machista, a Deputación da Coruña convocou o V Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero. Os traballos poderanse entregar ata o 26 de decembro en formato dixital e papel seguindo as bases e as indicacións que aparecen en: 
https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios-e-concursos/concurso-guions-contra-violencia-xenero

martes, 29 de mayo de 2018

CARTAS DE AMOR: 15 ARTISTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

     Temos de novo no noso centro a exposición "Cartas de Amor: 15 artistas contra a violencia de xénero", unha iniciativa da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. Artistas como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, José Luís Méndez, Jack Mircala, Javier Olivares, David Pintor, Pirusca, Primitivo, Sonia Pulido, Paco Roca, Sergi San Julián, Eva Vázquez, Óscar Villán e Anxos Sumai, amosan os seus debuxos en formato "comic" ou "banda deseñada". 
     Esta exposición ten por obxectivo sensibilizar á poboación máis nova, facer reflexionar ás e aos adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto, tamén a eliminala.
Esta exposición ten por obxectivo sensibilizar á poboación máis nova, facer reflexionar ás e aos adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto, tamén a eliminala.

 

miércoles, 22 de noviembre de 2017

IV CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Informámosvos sobre o IV Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero que convoca a Deputación Provincial da Coruña. Está destinado a todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou estudos equivalentes.

 

martes, 14 de noviembre de 2017

Á VIOLENCIA DILLE... NON!



     Esta semana chegou ao noso centro a exposición “Á violencia de xénero dille… NON!, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para concienciar á xuventude sobre eses “estereotipos tan nocivos” que empanan as relación de parella, tamén na adolescencia e na xuventude. Esta exposición pretende axudar a recoñecer, identificar e rexeitar conductas nocivas como o control, a manipulación, o abuso, a “sextorsión”, o chantaxe emocional e outras formas de maltrato.


martes, 10 de noviembre de 2015

viernes, 22 de mayo de 2015

CHARLA PARA A PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO


       Outro ano máis o noso centro organizou as charlas da Guardia Civil dentro do Plan Director, que tiveron lugar o xoves 21 de maio. Nesta ocasión, e a petición dos titores e titoras, leváronse a cabo as seguintes charlas para os seguintes grupos: 
 - 9:45 – 11:30 → charla sobre “novas tecnoloxías” para 5º e 6º de primaria e 1º da ESO. 
- 12:35 – 14:15 → charla sobre “violencia de xénero” para 2º, 3º e 4º da ESO. 

      As charlas resultaron amenas e entretidas, logrando os poñentes unha boa participación e implicación por parte do alumnado, que aínda que xa coñecían parte dos contidos da exposición, sempre resulta moi positivo continuar realizando intervencións nestas temáticas que tanto lles preocupan a eles como xente nova, como ás familias e aos docentes como formadores e educadores. Esperamos que continúe o labor preventivo por parte de toda a comunidade educativa. Para rematar coas actividades de coordinación co corpo da Guardia Civil, temos previsto organizar unha exhibición para todo o alumnado do centro o mércores 17 de xuño; con esta exhibición pretenden acercar aos mozos e mozas en idade escolar os medios e procedementos de actuación, co obxectivo de dar a coñecer as actividades que realizan no desempeño das súas diversas funcións. Departamento Orientación CPI Virxe da Cela.

martes, 2 de diciembre de 2014

CONCURSO GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Deputación da Coruña organiza un programa de actividades con motivo do Día contra a Violencia de Xénero entre os que destaca o primeiro concurso de guións sobre esta temática para a mocidade de entre 14 e 18 anos.

As bases deste certame publícanse o 25 de Novembro no BOP e consisten nun concurso de elaboración dun guión para unha curtametraxe a través do cal se conciencie e sensibilice na problemática e na prevención da violencia de xénero. Con esta actividade preténdese crear debate e mobilizar á poboación adolescente. Así mesmo, o obxecto do concurso procura a participación da comunidade educativa como piar necesario para guiar e orientar no proceso de creación.

Pódese participar de xeito individual ou preferentemente en grupo (máximo 6 persoas por grupo) e supervisado polo persoal docente do centro de estudos ao que están adscritos. A data límite para  recibir os guións é o 26 de decembro. De entre todos as persoas participantes, elixirase un único guión gañador que recibirá (ou recibirán, en caso de que sexa un grupo) como premio un curso práctico de realización de curtas no que se producirá o vídeo baseado na súa proposta adaptada segundo as necesidades e onde a mocidade participante poderá ser protagonista de todo o proceso.

Para mais información:
http://www.dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?lang=gl&accion=2&ver=19&nid=19932
http://bop.dicoruna.es/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=25/11/2014



martes, 25 de noviembre de 2014

OBRADOIRO DE IGUALDADE

O pasado martes 25 de Novembro Educación Infantil e Primaria celebraron unha xornada de obradoiros, cos que se quixo abordar a condición das mulleres no ámbito socio-familiar a través de tarefas da vida cotiá. Os obradoiros propostos foron os de COSTURA, FACER A CAMA, TENDER A POUPA, PASAR O FERRO E DOBRAR ROUPA, POÑER A MESA E O COIDADO DE "BEBÉS".  Ademais organizáronse outros dous talleres máis relacionados cos oficios e profesións: o primeiro  consistiu na DRAMATIZACIÓN de oficios e o segundo COLOREAR OFICIOS co fin de visualizar nun mural que tanto  homes como  mulleres en condición de igualdade desenvolven as mesmas tarefas.
Foi así como intentamos, dende a escola, aportar o noso graniño de área na loita diaria "CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO".






 






jueves, 6 de febrero de 2014

DISCRIMINACIÓN E VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

A discriminación e violencia contra as mulleres é un feito localizable en diferente grado en todos os puntos do noso planeta. Moitas veces ten moitísima máis presenza naqueles paises onde as liberdades dos individuos están sen desenvolver, pero incluso no mundo occidental e nos países democráticos as mulleres seguen sofrendo a violencia e a discriminación. Tal como amosan os paneis da exposición de Aministía Internacional que alberga o noso cole, paises tan dispares como Irán, México, Albania ou Finlandia serán escenario de historias nas que as mulleres son protagonistas, e a través dun traballo nas aulas, o alumnado de ESO do CPI Virxe da Cela unirase á denuncia de tanta inxustiza. Os traballos realizados poderedes visitalos nesta entrada, así como documentos audiovisuais que ilustren as nosas opinións.