martes, 2 de diciembre de 2014

CONCURSO GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Deputación da Coruña organiza un programa de actividades con motivo do Día contra a Violencia de Xénero entre os que destaca o primeiro concurso de guións sobre esta temática para a mocidade de entre 14 e 18 anos.

As bases deste certame publícanse o 25 de Novembro no BOP e consisten nun concurso de elaboración dun guión para unha curtametraxe a través do cal se conciencie e sensibilice na problemática e na prevención da violencia de xénero. Con esta actividade preténdese crear debate e mobilizar á poboación adolescente. Así mesmo, o obxecto do concurso procura a participación da comunidade educativa como piar necesario para guiar e orientar no proceso de creación.

Pódese participar de xeito individual ou preferentemente en grupo (máximo 6 persoas por grupo) e supervisado polo persoal docente do centro de estudos ao que están adscritos. A data límite para  recibir os guións é o 26 de decembro. De entre todos as persoas participantes, elixirase un único guión gañador que recibirá (ou recibirán, en caso de que sexa un grupo) como premio un curso práctico de realización de curtas no que se producirá o vídeo baseado na súa proposta adaptada segundo as necesidades e onde a mocidade participante poderá ser protagonista de todo o proceso.

Para mais información:
http://www.dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?lang=gl&accion=2&ver=19&nid=19932
http://bop.dicoruna.es/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=25/11/2014



No hay comentarios:

Publicar un comentario