viernes, 5 de diciembre de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO

      Fermosa fotografía de familia de todo o grupo de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela (Monfero), uniformados coas camisetas azuis de Voluntariado Galego, como un auténtico equipo de traballo: foron os alumnos e alumnas desta clase os encargados da preparación e posta en práctica do Día Internacional do Voluntariado (venres 5 de decembro de 2014). Neste día comprobaron o resultado de dúas intensas semanas sacrificando os seus recreos para elaborar “pulseiras solidarias”, (actividade enmarcada na Rede de Centros Escolares Solidarios) e visitando as aulas do centro para sensibilizar a todo o alumnado e profesorado, e repartindo circulares informativas ás familias.  

       Un agradecemento aos máis peques do centro (educación infantil e primaria), e ao profesorado, xa que grazas ás súas adquisición de “pulseiras solidarias” e donativos na nosa xa entrañable “hucha do porquiño” (unha lembranza do paso da nosa benquerida Oliva, mestra de educación infantil, realizada na súa aula o pasado curso académico), conseguimos, nin máis nin menos que a cantidade de 146 euros, importe que doaremos á Cociña Económica de Ferrol. Esperamos que o noso esforzo colectivo serva para traer sorrisos ás mesas das familias que están pasando por unha situación difícil economicamente, nestas xa próximas festas de Nadal.

















1 comentario:

  1. Espectacular traballo!! da gusto ver a vosa implicación e esforzo por fomentar valores solidarios dende Monfero para o mundo.

    parabéns!!! e apertas solidarias!!!!!. un admirador do voso traballo

    ResponderEliminar