O pasado xoves 4 de decembro de 2014, recibimos no noso centro a visita dos profesionais da Asociación Down Coruña. Consideramos axeitada a organización destas xornadas para sensibilizar ao alumnado do centro sobre as características das persoas que presentan esta alteración xenética, xornadas que xa se realizaron en cursos pasados. A xornada estivo dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e a todo o alumnado da ESO.
Os profesionais da Asociación Down Coruña achegaron aos alumnos e alumnas toda a información asequible sobre este síndrome e realizaron unha serie de dinámicas sobre determinados prexuizos e falsas crenzas que están todavía hoxe en día moi establecidas na sociedade en xeral. Tamén lles comentaron a proxección académica e laboral que tiveron os alumnos/as con síndrome down que estiveron escolarizados neste centro e que algúns deles coñeceron. Tanto os alumnos de menor idade como os maiores, estableceron un debate, facendo preguntas e realizando autocríticas sobre os comportamentos que no centro se ten respecto ao alumnado con esta discapacidade.
Os titores e titoras, que estaban informados da actividade, consideraron axeitado continuar traballando nas aulas sobre todas estas actitudes que se deben fomentar para integrar dun xeito normalizador a todas as persoas con discapacidade. A valoración da actividade é moi positiva e pensamos que pode axudar ao nosos alumnos e alumnas a ser máis tolerantes e respectuosos respecto a calquera tipo de discapacidade.
María Jesús Díaz (orientadora do CPI Virxe da Cela).
No hay comentarios:
Publicar un comentario