Aproveitando o bo tempo continuamos coas xornadas de Xogos Educativos para o Mediambiente, esta vez levando a cabo a proposta dun grupo de alumnos de 1º da ESO. Trátase dun xogo divertido e moi atractivo no que por parellas hai que ir buscando pistas en forma de cápsula, e unha vez atopadas, tratar de encestalas nunhas caixas de diferentes cores (amarelo, verde e azul) tendo en conta os debuxos das pistas encapsuladas e as cores dos contenedores do lixo. Ademais de traballar colaborativamente e facer deporte, os xogadores/as aprenden contidos medioambientais referente á separación do lixo e a reciclaxe.
Mostrando entradas con la etiqueta Día Mundial do Medio Ambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Mundial do Medio Ambiente. Mostrar todas las entradas
sábado, 12 de junio de 2021
viernes, 5 de junio de 2015
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE NO CPI VIRXE DA CELA
Manuel
Santamariña, Sofía Pena, Laura Sanjuán, Antía Gómez e Cintia Grueiro foron
os/as cinco representantes do CPI Virxe da Cela na Conferencia Internacional de Xóvenes Coidemos o Planeta (CONFINT)
que tivo lugar en Barcelona do 12 ao 15 de novembro de 2014. Pasaron meses dende que estes rapaces/zas
viviron iso que eles/as mesmos/as definen como “unha experiencia inesquecible”.
Elixiron
unha data especial, o 5 de xuño, Día Internacional
do Medio Ambiente, para facer unha presentación pública diante de todo o
alumnado e profesorado de ESO do seu paso pola Confint 2014, xa que precisamente
o lema desta Conferencia Internacional de Xóvenes é “Coidemos o Planeta”. A
Confint quere dar protagonismo aos rapaces e rapazas, e pretende actuar sobre a
dimensión local e global da crise medioambiental cun enfoque multidisciplinar:
desde a biodiversidade, o cambio climático, a pobreza, o desenvolvemento
social, a xustiza social, etc.
A
filosofía da Confint plantexa unha pregunta fundamental: Se non é agora, cando?, se non somos nós, quen? Pois aquí e agora,
os rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela, están a exercer un deber fundamental
de todo ser humano , coidar o Medio Ambiente en cada unha das pequenas accións
ou proxectos que se están a desenvolver no noso centro educativo, porque valorar
e respectar é o principio fundamental para poder salvar a un Planeta enfermo e
o noso legado para futuras xeracións.
Etiquetas:
Confint,
Día Mundial do Medio Ambiente
Suscribirse a:
Entradas (Atom)