Mostrando entradas con la etiqueta XIV Encontro Rede Solidaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XIV Encontro Rede Solidaria. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de noviembre de 2012

CARTA DE AGRADECEMENTO DE ENTRECULTURAS

Non se fixeron esperar as palabras de agradecemento da ONG Entreculturas tras o éxito do XIV Encontro da Rede Solidaria, que tivo lugar o pasado sábado 10 de novembro de 2012 no IES Elviña (A Coruña).




Visitade REDEC, a páxina web de Entreculturas. Alí atoparedes máis reportaxes sobre o Encontro.


domingo, 11 de noviembre de 2012

ÉXITO DO XIV ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA



 Queremos informarvos do enorme éxito do XIV Encontro da Rede Solidaria Entreculturas, celebrado no IES Elviña (A Coruña) o pasado sábado 10 de novembro de 2012. Temos que destacar a notable presenza do grupo do CPI Virxe da Cela de Monfero, xa que os 14 rapaces/as, acompañados polas dúas coordinadoras, constituíron o grupo máis numeroso do encontro.
Queremos agradecer a este grupiño de 13 rapazas e 1 rapaz por amosar o espíritu solidario e participativo que estase a xestar na nosa escola. A pesar da choiva, e o frío, impregnaron de calidez a esta xornada, regalando risas, bailes, compañeirismo, vitalidade, etc. Queremos dar os parabéns aos que saíndo ao escenario transmitiron o noso espíritu (Erea e Carla), difundindo as actividades que facemos no centro e compartindo a nosa axenda solidaria para este curso académico 2012-2013. Tamén aos que saíron a presentar os avatares realizados nos diferentes obradoiros (Antía, Sofía e Iago). Tamén agradecemos as aportacións de Cintia e Lucía, que formaron parte dun grupo-piloto nunha dinámica especial programada para un proceso de avaliación da rede. A todos os veteranos/as por continuar ano tras ano na Rede, e a todas as novas fichaxes por dar ese paso que esperemos sexa tan só o primeiro dunha longa traxectoria. Aí vai a lista do grupo de monfero. Gracias a todos vós por acompañarnos:

Rebeca Freijomil Vázquez (1º ESO)
Silvia Mº roca Deibe (1º ESO)
Nerea Couceiro Gómez (1º ESO)
Laura Muíño Méndez (2º ESO)
Cintia Grueiro Buján (2º ESO)
Erea Fernández Lence (2º ESO)
Sofía Pena Freire (2º ESO)
Antía Gómez Ramos (2º ESO)
Alba Amenedo Picallo (2º ESO)
Silvia López Villasenín (3º ESO)
María Fraga Tizón (3º ESO)
Iago Vázquez Cagiao (3º ESO)
Lucía Otero Rodríguez (4º ESO)
Carla López Basteiro (4º ESO)

  • Impresionante a enerxía de Abel e o seu grupiño de +18, que nos mantiveron de pé brincando e bailando, dinamizando a festa e contaxiando enerxía.
  • Fantástica a actuación do grupo de percusión senegalesa de música "mandinga", que a través da música, que é unha linguaxe universal, ofrecéronnos unha divertida e artística lección de "interculturalidade".
  • A Celsa e ao grupiño de alumnos/as do IES Elviña, porque grazas ao seu esforzo e ao seu traballo poidemos utilizar as instalacións do seu centro para realizar o encontro. 
  • A todo o resto dos coles da rede: en cada encontro estamos desexando reunirnos convosco, afianzando os lazos de amizade.
  • A Sandra e José Luís, porque sen o voso esforzo non existiría a Rede en Galicia.
  • A María José, a fan número 1 de Monferosolidario, que sempre nos acompaña nos encontros e colabora de voluntaria en todas as tarefas.
  • Parabéns á empresa de buses " A Capela", xa que a conductora sorprendeunos polo seu dinamismo e sentido do humor. Non lembramos un traxecto tan divertido no bus, cos seus comentarios a través do micro. Por certo, gracias María pola interpretación na frauta, e impresionante o programa de radio retransmitido por Iago, no que con grande retranca esbozaches a plantilla de profesorado do CPI Virxe da Cela. 
Próximamente publicaremos un album de fotografías deste fantástico encontro. 

jueves, 8 de noviembre de 2012

DIGNIDADE E PARTICIPACIÓN

O próximo sábado 10 de novembro de 2012, un grupiño de 14 alumnos/as, acompañadas polas coordinadoras de Monferosolidario, participaremos no XIV Encontro da Rede Solidaria de Entreculturas. Celebrarase no IES Elviña (A Coruña), un lugar moi especial para nós, xa que fai agora catro anos iniciábamos o noso primeiro contacto coa ONG Entreculturas participando dun primeiro encontro de principio de curso celebrado precisamente no IES Elviña. Tando para as profes como para os/as alumnos/as que tomamos parte nesa primeira experiencia da Rede Solidaria en Galicia, esa xuntanza significou o inicio dunha xa "longa traxectoria", cargándonos da enerxía e as ganas de compartir do resto de profes, rapazas e rapaces que conviviron connosco ao longo daquela inesquecible xornada. Sabemos que este próximo sábado voltaremos a reunirnos con todas esas persoas que tamén teñen ganas e ilusión para cambiar o mundo... aínda que só sexa un pequeno anaco.