jueves, 8 de noviembre de 2012

DIGNIDADE E PARTICIPACIÓN

O próximo sábado 10 de novembro de 2012, un grupiño de 14 alumnos/as, acompañadas polas coordinadoras de Monferosolidario, participaremos no XIV Encontro da Rede Solidaria de Entreculturas. Celebrarase no IES Elviña (A Coruña), un lugar moi especial para nós, xa que fai agora catro anos iniciábamos o noso primeiro contacto coa ONG Entreculturas participando dun primeiro encontro de principio de curso celebrado precisamente no IES Elviña. Tando para as profes como para os/as alumnos/as que tomamos parte nesa primeira experiencia da Rede Solidaria en Galicia, esa xuntanza significou o inicio dunha xa "longa traxectoria", cargándonos da enerxía e as ganas de compartir do resto de profes, rapazas e rapaces que conviviron connosco ao longo daquela inesquecible xornada. Sabemos que este próximo sábado voltaremos a reunirnos con todas esas persoas que tamén teñen ganas e ilusión para cambiar o mundo... aínda que só sexa un pequeno anaco. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario