A Dirección de Xuventude e Voluntariado pon a disposición de todos os centros escolares de Galicia no curso académico 2012/2013 os seguintes programas:
Pasaporte Solidario
Rede de Centros Galegos Solidarios
O obxectivo de ambos os dous programas é promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa (pais, nais, profesorado e alumnado), e favorecer que os escolares se comprometan como voluntarios, a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo e achegue o alumnado á realidade do voluntariado.
Clica na imaxe e visita a páxina web do voluntariado galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario