Hoxe, venres 25 de novembro de 2022, conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Profesorado e alumnado das tres etapas educativas reunirémonos no recreo para levar a cabo un acto simbólico no que o alumnado do centro comparta as súas pancartas, collages e e outros materiais con lemas contra a violencia de xénero.”
Ademais, durante estes últimos días realizáronse diferentes actividades de sensibilización nas aulas e titorías, elaborouse un video coxunto, un podcast radiofónico e organizouse unha exposición con paneis e bibliografía específica na Biblioteca Castelao.
No hay comentarios:
Publicar un comentario