Dende o Concello de Irixoa anunciamos a posta en marcha da campaña contra a violencia de xenero “ÚNETE A NÓS CONTRA A VIOLENCIA”.
A violencia de xénero segue a ser unha constante na vida social , familiar e persoal contra a que estamos obrigadas/os a loitar na procura de solucións e farramentas que a fagan desaparecer. Cada acto, cada actividade, cada actitude que favoreza a súa erradicación fará que como persoas e como sociadade construamos un mundo mellor, máis igualitario, máis equilibrado e onde poidamos relacionarnos dende o que somos como persoas e non por unha definición marcada polo noso sexo ou o noso xénero.
Ante a situación sanitaria coa pandemia mundial que estamos a vivir este ano 2020 que nos impide realizar actos e actividades presenciais, presentamos dende SS.SS. do concello de Irixoa unha campaña que teña presenza nos medios telemáticos que temos ao noso alcance, e a través da súa páxina web deixar constancia que Irixoa rexeita a violencia de xénero.
A campaña durará todo o mes de novembro.
Iranse subindo cada semana á páxina web do concello contidos e referencias:
- audivisuais
- musicais
- poéticas
- literarias
Para que poidades ver, ler, visitar, escoitar cousas que se están a facer para contribuir a eliminar esta violencia contra as mulleres.
O día 25 de novembro faremos unha lectura, no exterior do concello, dun manifestó en contra da violencia de xenero. Acto ao que estades invitadas/os, respectando sempre as medidas de seguridade establecidas, que garantan a nosa saúde.
Por motivos legais, non podemos poñer directamente na páxina web os enlaces que levarían dun xeito directo á información que vos mostramos, polo que presentaremos os datos que vos axuden a atopalos nas redes sociais e na internet.
Grazas de antemán polo voso interés e participación.
Desexamos que esta iniciativa cumpra os seus obxectivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario