martes, 6 de marzo de 2018

AUDIOVISUAL "ELAS" 8 DE MARZO: DÍA DA MULLER



Para conmemorar o Día da Muller (8 de marzo) o alumnado de 1º da ESO quixo destacar o gran papel que xogaron na Historia mulleres como Marie Curie, María Wonenburger, Rosalía de Castro, Safo ou Clara Campoamor. En todas as esferas da vida (a ciencia, as artes, a política) houbo figuras que loitaron pola igualdade en tempos ben difíciles, épocas nas que a muller estaba relegada ao traballo da casa e aos coidados dos fillos; e eran os homes os que tiñan reservado o privilexio de escribir, investigar, teorizar. Moito se avanzou desde entón, de mais temos que seguir loitando e celebrando esta data tan importante.

1 comentario:

  1. Eu son Marta Fernández unha alumna que estuda a E.S.O no C.P.I.Plurilingüe
    Virxe da Cela é quero destacar un día tan importante como hoxe o 8 de marzo, xa que en este día conmemórase a importancia das mulleres no mundo.
    Hoxe en día aínda hai moitos homes que se creen por riba das mulleres e sobreprotéxenas sen deixar que saian a fora, que se relacionen cos amigos ou que simplemente se asomen a ventá, so poden facer as tarefas da casa. Isto agora non pasa tanto como antigamente pero aínda hai homes que o creen.
    A miña opinión e que en este día as mulleres deberíamos facer unha folga e non ir a traballar, e así os homes se darían conta de que as mulleres somos importantes en este mundo e que podemos facer tantas cousas como eles.


    ResponderEliminar