miércoles, 7 de marzo de 2018

VISITA FUNDACIÓN REPSOL E FUNDACIÓN AYUDA EN ACCIÓN

Fundación Repsol colabora co programa Aquí también de Ayuda en Acción que loita contra a pobreza infantil en España

      Para o noso centro, o CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero), é todo un honor recibir a visita da Fundación Repsol e a Fundación Ayuda en Acción, xa que a través dun convenio de colaboración que se está levando a cabo nos últimos anos con estas institucións o noso alumnado pode realizar saídas extraescolares e utilizar ferramentas on-line de grande utilidade pedagóxica como Glifing ou Smartick, que potencian as habilidades matemáticas e lingüísticas do alumnado. 

      Esta visita realizouse o mércores 7 de marzo de 2018, e entre os asistentes figuraban Ignacio Egea (Vicepresidente segundo de Fundación Repsol), Lola Zamarra (Directora del Área Social e Voluntariado de Fundación Repsol), Marta Marañón (Directora de Relacións Institucionais de Ayuda en Acción), Beatriz Varela (técnico de Ayuda en Acción) representantes dos Concellos de Monfero e Irixoa, así como o presidente da ANPA do CPI Virxe da Cela, Jorge Pena. Mª Camino Pereiro González, directora da nosa escola, exerceu de fantástica anfitriona guiando a comitiva polas instalacións do centro e amosando o traballo que se está levando nas aulas grazas en parte ao financiamento destas entidades. 

     Despois desta parte “oficial” pasamos a unha comida máis informal. Arredor dunha mesa no comedor escolar e acompañados dun bo xantar os convidados descubriron moito máis sobre os nosos proxectos nunha charla animada na que saíron diferentes debates sobre a educación, o papel das familias, as dificultades de día a día, as nosas motivacións, os novos retos, etc. 

    Como postre doce a esta xornada realizouse o visionado do documental elaborado pola cosa compañeira Yolanda Castro no que aparecían reflectidas as actividades froito da colaboración con estas fundacións e finalmente Lucía Abarrategui e Sergio Pascual (Laboratorio Radiofónico) prepararon un especial radiofónico “Visita Fundación Repsol e Fundación Ayuda en Acción”. Os rapaces/zas de 4º de educación primaria foron os encargados de guiar este espazo radiofónico tan emotivo que chegou incluso a arrincar algunha lágrima aos asistentes. Podedes escoitar o podcast no noso blogue Monferosolario!!







 .








 O mércores 7 de marzo Ignacio Egea, Vicepresidente de Fundación Repsol, visitou varios centros educativos aos que apoia a Fundación en Galicia. Fundación Repsol contribúe á sustentabilidade  do programa  Aquí también de  Ayuda en Acción, co obxectivo de dar apoio á infancia e familias, que viven en condicións de vulnerabilidade e en risco de exclusión en España.

A visita comezou ás 9 da mañá no centro escolar de Meicende. Ao mediodía a comitiva trasladarase até A Coruña para percorrer as instalacións doutro  centro educativo e o itinerario finalizou en Monfero, onde os alumnos e alumnas manteron un diálogo cos representantes de Fundación Repsol e de Ayuda en Acción.

Actualmente, a colaboración de Fundación Repsol consiste en cubrir de libros de texto e material   escolar,   bolsas   de   comedor,   merendas   saudables   de   media   mañá   e excursións e saídas culturais para alumnado de distintos centros educativos da Coruña, Meicende e Monfero que forman parte do programa Aquí también de Ayuda en Acción. Estas axudas promoven a igualdade de oportunidades de nenos, nenas, novas e familias en risco de exclusión e contribúen ao normal desenvolvemento educativo e social do alumnado.

Así mesmo, dentro deste programa, Fundación Repsol apoia proxectos de innovación educativa nos centros educativos galegos, como o teatro, talleres de radio, un horto escolar e ferramentas online que melloran as habilidades lingüísticas e matemáticas do alumnado (Smartick e Glifing), así como as formacións realizadas na Escola de Pais e Nais dun centro educativo. Estas iniciativas melloran as habilidades do alumnado, a súa cohesión social, desenvolvemento educativo e contribúen á redución da desafección escolar e consecuentemente á súa permanencia no sistema educativo.

Ignacio Egea estivo acompañado pola  Directora da área Social e Voluntariado a Fundación, Lola Zamarra,  e pola Directora de Relacións Institucionais de Ayuda en Acción, Marta Marañón. Ademáis no Virxe da Cela esperábanos representantes dos Concellos de Monfero e Irixoa e o presidente da ANPA Jorge Pena.






No hay comentarios:

Publicar un comentario