A educación é vital para construír un futuro mellor pero… que pasa con eses millóns de nenos e nenas que están privados dela? Poñámonos a pensar na cantidade de persoas que teñen que fuxir dos seus fogares por mor dunha guerra, un desastre natural, ou mesmo na procura dunha vida digna... Poden pasar semanas, meses e incluso anos, e no devenir de todo este tempo eses nenos e nenas convértense en adultos ser formación e, por tanto, con menos posibilidades para gañarse a vida e sacar adiante ás súas familias.
Poñámonos na pel desas persoas, empaticemos con elas, e expresemos en voz alta o noso sentir…
Isto é o que fixeron os rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO no 3º obradoiro da CME (Campaña Mundial pola Educación) que tivo lugar o pasado venres 16 de marzo de 2018. O resultado o podedes comprobar escoitando os audios destas testemuñas ficticias pero á vez tan reais… Roi Guitián, reporteiro de AGARESO (unha ONG galega de reporteiros solidarios) e encargado de impartir este obradoiro, fixo ao alumnado reflexionar sobre o enfoque que algúns medios de comunicación fan cando abordan as problemáticas da inmigración. Tamén achegou novas ferramentas (app Podbean) para que os rapaces/zas traballen a denuncia social e se convertan en activistas para a paz e a xustiza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario