Marga e Antonio, ACNUR. Charla sensibilización para alumnado ESO, martes 20 marzo 2018 de 10:35 a 11:25
A migración dos seres
humanos é un fenómeno mundial e está presente en todas as épocas da historia e
en todas partes do noso planeta.
Calquera proceso
migratorio implica dous conceptos:
Emigración é a
saída de persoas dun país, lugar ou rexión, para establecerse noutro país, lugar
ou rexión.
Inmigración é a
chegada a un país ou lugar de persoas procedentes doutro país ou lugar.
O fenómeno
demográfico da migración é moi complexo e pode deberse a diferentes causas, algunhas
delas son por causas bélicas ou conflitos internacionais, como no caso de Siria,
onde a magnitude da emerxencia humanitaria é alarmante; por causas de
inestabilidade política ou socioeconómicas, como acontece na rexión do Sahel.
Para coñecer algo
máis desde fenómeno, o alumnado da ESO
comeza a Semana da Ciencia escoitando a Margarita Vidal Maceira, promotora de
ACNUR (Alto
Comisionado de Nacións Unidas para a atención ao Refuxiado), axencia da ONU que,
desde 1950, brinda asistencia e protección a todos os civís inocentes cuxas
vidas corren perigo ao desatarse conflitos bélicos nos seus países ou como
consecuencia de persecucións por motivos políticos, relixiosos ou sociais.
Durante os últimos 67
anos, ACNUR converteuse na axencia de axuda humanitaria con máis millóns de
persoas baixo o seu amparo, axudando a salvar a vida de máis de 60 millóns de
persoas e sendo a única galardoada co Premio Nobel da Paz en dúas ocasións
(1954 e 1981).
Esta organización
persegue protexer os dereitos e o benestar das persoas que teñen que migrar de
maneira involuntaria ou forzada. O seu esforzo vai dirixido a garantir que
todos e todas poidan exercer o dereito para solicitar asilo e atopar refuxio
seguro noutro Estado, pero tamén a que teñan a posibilidade de regresar aos
seus fogares de forma voluntaria ou de vivir noutro país.
No hay comentarios:
Publicar un comentario