Cristina Otero Correa, de Fundación Ayuda en Acción, visita o noso centro o venres 16 decembro 2022 para impàrtir na biblioteca escolar o primeiro dos obradoiros do proxecto "Education4ThePlanet" para alumnado 1º, 2º, 3º, 4º ESO.
"Education4ThePlanet: o bo camiño cara a Axenda 2030" é o título deste proxecto que chega ás aulas do CPI Virxe da Cela da man de Fundación Ayuda en Acción. A Fundación Ayuda en Acción aposta pola loita contra a emerxencia climática, xa que a degradación do medioambiente ten graves impactos negativos de carácter enconómico e social, que cada vez serán máis graves a nivel global e local se non se actúa de maneira urxente e conxunta.
O proxecto "Education4ThePlanet" establece como obxectivo xeral fomentar unha mocidade activa en Galicia, que contribúa na loita contra a emerxencia climática e ao cumprimento dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, desde a transformación de actitudes propias e a promoción da sensibilización da súa contorna. O proxecto fará especial fincapé en actividades que permitan a transformación dos hábitos de consumo dos mozos e mozas galegos a traavés dunha serie de actividades de sensibilización, formación, conciencición, mobilización e incidencia política. Este proxecto céntrase particularmente na provincia de A Coruña en ámbito rural (municipios de Monfero e Irixoa) e urbano (cidade de A Coruña).
No hay comentarios:
Publicar un comentario