viernes, 2 de diciembre de 2022

O GLOBO: SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA

 Solidariedade Internacional de Galicia teN en marcha o proxecto O Globo, unha ferramenta pedagóxica que visibiliza e fomenta a participación social e que ten o fin último de formar nos coñecementos, habilidades e valores necesarios para exercer a cidadanía mundial e o desenvolvemento sostible.

O Globo xira en torno a “microexperiencias de transformación social”. Trátase de iniciativas socioeducativas que se organizan segundo a tríada: luces (investigar), cámara (analizar criticamente) e acción (actuar), que pretenden contribuír a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), a través das diferentes temáticas que se poden traballar.


Dende o pasado curso escolar, para traballar baixo esta metodoloxía cos centros educativos a través do profesorado, púxose en marcha unha formación (homologada pola Consellería de Educación), xa que esta metodoloxía pode ser utilizada nas aulas como estratexia didáctica.  Para iso realizaremos unha formación ao profesorado (neste enlace podes ver a información Formación curso 2022/2023), coa idea é que vós, profes, asistades á formación para facer despois unha micro-experiencia co voso alumnado, por suposto acompañadas polas educadoras de Solidariedade Internacional de Galicia, axudándovos en todo o que precisedes. A formación é Homologable pola Consellería de Educación.


Por si queres mirar traballos doutros anos e inspirarte, neste enlace podes ver as Microexperiencias do curso pasado.


Comentarche que ademais, O GLOBO realiza un encontro anual onde os centros de ensino, as ONG e outros colectivos sociais nos xuntamos e intercambiamos aprendizaxes, reflexionamos e construímos cidadanía global. Neste enlace podes ver o IV Encontro, celebrado o pasado mes de xuño IV Encontro. Encontro que sempre é motivador para o alumnado e tamén para as/os profes




No hay comentarios:

Publicar un comentario