miércoles, 9 de octubre de 2024

COIDÁNDO-NOS: CONSELLO ESCOLAR DA INFANCIA


Co gallo do 2 de outubro, Día Internacional da Educación Social, non se nos ocorre mellor forma que celebralo cunhas imaxes deste comezo de curso, cheo de ganas, ilusión, traballo e moita educación social en tódolos espazos, tamén nas escolas e na nosa Biblioteca.

Este é o lema co que comezamos a nova andaina do Consello Escolar da Infancia da man da asociación Euroeume. 

Tratase de entender a educación social como unha forza capaz de transformar o mundo, ou, polo menos, deixalo mellor que como nos vén dado. Un camiño cara a utopía, cheo de soños, aprendizaxes, decostrucións, persistencia, coidados...

 
Imaxe autoeditada pola asociación EuroEume da presentación das actividades do programa neste curso escolar.

Este  proxecto de Euroeume desenvolvese a a través do Programa Coidando– nós.. Nel, o alumnado é escoitado para acadar o que se  propoñan, sendo elas e eles mesmos conscientes da súa importancia como axentes principais e activos na participación e implicación nos procesos sociais, e, concretamente nesta actividade, para a mellora dos centros educativos. Nesta ocasión, comezamos a traballar para contar cunha boa saúde emocional no conxunto da comunidade.

Así,  esta nova andaina, comezou no noso centro e continúa a súa senda no CEIP Plurilingüe de Andrade e no CEIP Plurilingüe Eladia Mariño, en Cabanas.

Estamos no camiño, traballando desde a educación social para continuar transformando o mundo!!! “Educación Social: Unha profesión de Dereitos Humáns”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario