viernes, 25 de octubre de 2024

1º OBRADOIRO EDUCATION4THEPLANET CURSO 2024-2025

 1º Obradoiro venres 25 de outubro (1º e 2º ESO).  9:45 - 10:35 

   Martín  e Laura  da Fundación Ayuda en Acción, visitaron o noso centro o venres 25 de outubro de 2024 para impartir na biblioteca escolar o primeiro dos obradoiros do proxecto "Education4ThePlanet" para o alumnado de ESO.

     O proxecto "Education4ThePlanet" establece como obxectivo xeral fomentar unha mocidade activa en Galicia, que contribúa na loita contra a emerxencia climática e ao cumprimento dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, desde a transformación de actitudes propias e a promoción da sensibilización da súa contorna. O proxecto fará especial fincapé en actividades que permitan a transformación dos hábitos de consumo dos mozos e mozas  a través dunha serie de actividades de sensibilización, formación, concienciación, mobilización e incidencia política. En esta ocasión damos un paso máis alá para acercarnos  ao ODS13-Acción polo clima desde a  mirada do mundo rural.

Seguindo a liña de traballo na loita contra a emerxencia climática global, neste primeiro taller o alumnado  de 1º e 2º da ESO, dividido en tres grupos, realizou un mural onde reflectiron  as reflexións que previamente traballaron sobre as condicións climáticas anormais  que estamos a padecer polo cambio climático e que teñen cada vez máis repercusión  nas nosas economías, o medio  ambiente, a saúde e a vida  cotiá, tendo unha especial atención cara ás repercusións sobre o  mundo rural.











No hay comentarios:

Publicar un comentario