viernes, 12 de marzo de 2021

MIL MILLÓNS DE VOCES PARA A EDUCACIÓN

A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) celébrase anualmente no mes de abril. Este ano, baixo o lema "Mil Millóns de Voces", terá como obxectivo abordar, de maneira urxente, a falta de financiación da educación, agravada pola pandemia da Covid-19, e que está a afectar negativamente ao progreso de toda a axenda do desenvolvemento sostible, e concretamente, ao Obxectivo do Desenvolvemento Sostible (ODS) número 4. 



Un ano máis, estamos inmersos no desenvolvemento da Campaña Mundial pola Educación, unha acción que ten por obxectivo sensibilizar e mobilizar á cidadanía como portavoz e activista do Dereito á Educación e incidir nos representantes políticos para que cumpran os seus compromisos con este Dereito. Unha das accións con máis forza dentro da Campaña Mundial pola Educación é a SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación) que este ano celébrase do 26-30 abril. No mes de maio do pasado ano, o peche de colexios afectou a máis do 90% da poboación estudantil de todo o mundo, o que supuxo que máis de 1.500 millóns de nenos, nenas e mocidade non puidesen acudir aos seus centros educativos. Este ano, queremos poñer voz e rostro a eses millóns de estudantes que se quedaron fora das aulas, mil millóns de voces cunha historia que merece ser escoitada e un dereito á educación que non debe ser ignorado. Baixo o lema #MilMillonesdeVoces e a través dos materiais que axuntamos nesta comunicación así como as actividades de mobilización, sensibilizaremos á poboación entorno á importancia de defender a financiación da Educación como ferramenta fundamental para que ninguén se quede atrás na recuperación fronte á crise social, económica e sanitaria xerada pola COVID-19. #MilMillonesdeVoces xurde do que nenos e nenas contáronos a través da acción da #MejorLección. Escoitar á infancia sobre todo en asuntos que lles concirnen e unha maior inversión en Educación é imprescindible para asegurar que ningún neno o nena se quede atrás. Ademais, queremos denunciar como a pandemia está agravando os retos para acceder a unha educación equitativa, inclusiva e de calidade para todas as persoas poñendo en perigo a financiación do Dereito á Educación. A continuación, podedes encontrar os materiais para poder sumarvos á Campaña Mundial pola Educación 2021. Ademáis, podedes acceder aos materiais online a través do landing: https://milmillonesdevoces.cme-espana.org/gl/ E deixámosvos neste correo ademais os arquivos coas UDs, para que volos poidades descargar e utilizar. Súmate ao lanzamento de #MilMillonesdeVoces! O Equipo da CME Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario