O alumnado de 3º de Educación Primaria atópase inmerso nun proxecto no que está a investigar, dentro da área de Reli, a diferencia entre ser refuxiado, ser emigrante ou ser turista. O pasado luns, tivemos unha visita moi especial que preparamos xunto co alumnado de Valores. Puidemos facer unha entrevista a un experto: un papá da clase pasou polo proceso e trámites da emigración para formar parte agora da nosa comunidade educativa, este luns contestou a todas as preguntas e inquedanzas dos nosos reporteiros e reporteiras, coma por exemplo: Necesitaches pasaporte ou visado para entrar en España? Que comida botas de menos de Perú? E cal te gusta máis de España? Cantas hora leva a viaxe? ou Cal é a capital de Perú? Graciñas polo teu tempo e paciencia respondendo a todas as nosas dúbidas.
Que interesante impartir conocimientos a la nueva generación
ResponderEliminarMuy interesante
ResponderEliminar