O martes 30 de novembro de 2021 tivo lugar unha nova sesión do proceso dignóstico participativo sobre o estado da situación na escola (análise de contexto), un dos primeiros pasos para establecer as liñas de colaboración do noso centro coa Fundación Ayuda en Acción para o vindeiro curso. O noso centro forma parte da Estratexia de Educación "Unha escola que rompe barreiras". Nesta ocasión as encargadas de levar a cabo tres obradoiros (para o equipo directivo, para o alumnado e para o profesorado) foron as técnicas de Ayuda en Acción Lorena Boga e Jenni Camadoiro.
Durante o obradoiro para profesorado (realizado na aula de UUMM ás 16:30 horas) un numeroso grupo de profesores/as das tres etapas educativas que se imparten no centro, así como os membros/as do departamento de orientación, reflexionaron sobre as barreiras e as potencialidades que se observan no centro. O obxectivo desta acción participativa consistiu en identificar as barreiras sociais, actitudinais, educativas e dixitais que obstacularizan a inclusión educativa no centro e as capacidades coas que conta o claustro para derribalas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario