lunes, 13 de diciembre de 2021

MERCADILLO SOLIDARIO

Dende a organización do Festival de Nadal, pensouse que este ano podería facerse algo para, levando a cabo a Aprendizaxe Servizo, colaborar cunha asociación. Para levar a termo esta idea Cristina, a mestra de Reli de infantil e primaria, e Andrea, a mestra de Valores de Infantil, realizaron co seu alumnado unhas decoracións navideñas. Estas decoracións forman o "Mercadillo Solidario de Nadal", no que o profesorado poderá colaborar entre o 13 e o 17 de decembro. Os cartos recadados, irán destinados á Protectora "Cometa". Unha representación desta protectora, acudirá ao Festival a recoller a doazón.

No seguinte vídeo, pode verse tanto as manualidades realizadas polo alumnado, como coñecer a algúns dos cans que viven nesa protectora, como son (por orde de aparición): Bubu, Veguiña, Tiza, Llum, Coral, Lora, Budha ou Bolo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario