Cada ano setembro convértese no mes no que millóns de nenos
e nenas volven encher as aulas dos colexios. Na nosa sociedade, nas nosas
familias, a volta ao cole é un acto cotián ano tras ano.
Con todo aínda hoxe en día hai 61 millóns de nenos e nenas
no mundo sen escolarizar.
Estes nenos e nenas ven vulnerado o seu dereito á educación, recollido en
numerosos tratados internacionais. Ademais, os beneficios da educación están
ampliamente recoñecidos: a educación amplía o acceso a outros dereitos e
favorece o progreso conxunto da sociedade, promove a liberdade e a autonomía
persoal e xera importantes beneficios para o desenvolvemento das persoas. Así
mesmo, a educación é un instrumento poderoso para reducir a pobreza e a
desigualdade.
Desde Entreculturas quérese dar visibilidade a todos eses
nenos e nenas e aproveitar a volta ao cole para crear conciencia desta realidade.
A campaña "A cadeira vermella", unha
cadeira para 61 millóns de nenos e nenas que non poden ir ao colexio",
anima a todos os colexios a colocar en cada unha das súas aulas unha cadeira
vermella. Este elemento alerta de todos eses nenos e nenas que non poden ir ao
colexio e que ven vulnerado o seu dereito á educación.
A educación é un dereito de todos os nenos e nenas do mundo.
É un investimento de futuro que lles abrirá as portas a unha ampla gama de
posibilidades de desenvolvemento ao longo da súa vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario