jueves, 21 de marzo de 2019

FRIDAYS FOR FUTURE




    Este movemento o comezou a moza activista sueca Greta Thunberg, de 15 anos, que fai meses emprendeu a súa cruzada persoal contra este problema mediambiental manifestándose cada venres ante o parlamento do seu país e levando logo a súa protesta ás Nacións Unidas durante a COP24, a conferencia de Katowice, gravando unha mensaxe nas redes sociais explicando que “o cambio climático é un asunto moi importante e ninguén está facendo nada”. Chamou á mocidade de todo o mundo a unirse á súa causa: “nunca eres demasiado insignificante para marcar a diferenza, e si soamente algúns nenos/as con capaces de acaparar titulares en todo o mundo polo feito de non ir á escola, imaxinemos o que poderíamos conseguir si realmente quixéramos”. 
    O pasado 15 de marzo máis de 100.000 mozos e mozas no mundo fixeron unha folga manifestándose para esixir aos gobernos que actúen contra o cambio climático e concienciando á cidadania mundial sobre a situación límite que vive o noso planeta debido á polución, a subida extrema de temperaturas, ao desxeo ou á desaparición de especies.


No hay comentarios:

Publicar un comentario