miércoles, 14 de octubre de 2009

I XORNADAS DE CONVIVENCIA ENTRE CENTROS


O martes 13 de Outubro de 2009 celebramos no Mosteiro de Monfero unha xornada de convivencia entre o noso centro C.P.I. Virxe da Cela e o I.E.S. Monelos da Coruña. Os alumnos e alumnas de ambos centros tiveron a oportunidade de relacionarse, coñecerse, intercambiar experiencias, etc., nun marco incomparable: O Mosteiro de Monfero. Aprenderon e valoraron o noso rico patrimonio cultural a través dunha interesante visita guiada ao Mosteiro, coas explicacións de Manuel López Vidal. Abordamos o tema da interculturalidade a través de xogos cooperativos e actividades lúdicas. Disfrutamos dun divertido xantar baixo a sombra dos carballos. Intercambiamos regalos no momento da despedida... Foi un día inesquecible que soubo a ben pouco... Para o ano máis...



Xogo de presentación para coñecernos un pouco máis


Visita guiada ao Mosteiro de Monfero


Un partidiño de fútbol despóis de xantar


Xogo da Travesía Perigosa con periódicos

O xogo do Pasapalabras

Unha grande roda con todos os participantes


Sorpresa de despedida: un saco con regalos...


Intercambio de regalos






8 comentarios:

  1. Esta xornada de convivencia pareceume estupenda.
    En principio non tiña pensado ir pero logo convénceronme os compañeiros para que fose e agora non me arrepinto de ter ido.
    Foi un día xenial e por min repetiría.

    ResponderEliminar
  2. A min o día 13 gustoume moito porque o pasamos moi ben e a visita ó mosteiro de Monfero foi moi entretida. Os xogos foron moi entretidos e estiveron moi ben,so que deberon ser mais.

    ResponderEliminar
  3. Belén e Ana Isabel21 de octubre de 2009, 15:29

    O encontro no mosteiro de Monfero foi moi interesante xa que coñecemos a rapaces e a rapazas do IES de Monelos.
    Os rapaces eran divertidos e simpáticos.
    GUSTARÍANOS VOLVER A REPETILO!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Estivo moi ben!Hai que repetir!!

    ResponderEliminar
  5. O encontro entre outros colexios foi moi interesante porque coñecemos xente doutros colexios e xeralmente eran todos moi simpáticos, sobre todo os de bachiller...
    Pasamolo todos moi ben e esperamos repetilo máis veces!!!!!!

    ResponderEliminar
  6. Este día paerceume xenial a pasar de que ó principio pensei que non ia ser asi.
    Coñecimos a moita xente e todos moi agradables.
    Eu volveria a repetir en calquera momento.

    ResponderEliminar
  7. Este encontro co centro IES Monelos pareceunos ben porque é unha maneira de sabernos relacionar con máis xente e tamén porque pasámolo moi ben facendo xogos didácticos para coñecernos.Gustaríanos volver a facer este tipo de encontros para coñecer a máis centros!

    ResponderEliminar
  8. Pareceunos interesante, os xogos foron moi divertidos e coñecemos xente moi simpatica, digamos que quereriamos que se repetira mais amiudo

    ResponderEliminar