miércoles, 28 de octubre de 2009

PROGRAMA SCHOOL TO SCHOOL



Tras ser galardonados no I Premio de Educación para el Desarrollo "Vicente Ferrer", o noso centro ten o propósito de formar parte do proxecto "School to School" desenvolvido pola Fundación Vicente Ferrer. Teremos a oportunidade de traballar conxuntamente cunha escola en Anantapur, a India, e a través desta colaboración coñecer un pouco máis da India rural, e de igual xeito, achegar a realidade da nosa escola, ubicada no rural galego. Aprenderemos das diferenzas, ainda que descobriremos tamén moitas semellanzas.

Realizaremos moitas actividades para empaparnos da cultura india, entre elas:
  • Charla de sensibilización con proxección de diapositivas en todos os ciclos e niveis educativos.

  • Elaboración de fotografías e textos explicativos relacionados coa vida no rural galego, para establecer comparativas, e exposición das mesmas na Bibliteca Escolar.

  • Exposición sobre a India na Biblioteca Escolar, ofertando libros e material audiovisual sobre a India, e amosando variados obxectos, vestimentas, ornamentos, etc.

  • Obradoiros de mandalas.

  • Menú degustación de xantares típicos da India.


Animámosvos a que, a través do noso blogue Monferosolidario, disfrutedes de interesantes fotografías e documentais sobre a India, consultedes os libros ofertados na nosa Biblioteca, e facades o seguimento deste interesante proxecto no que nos acabamos de embarcar...




No hay comentarios:

Publicar un comentario