Máis de 40 cidades españolas acollen, do 16 ao 18 de outubro, as mobilizacións da Semana Contra a Pobreza promovida pola Alianza Española contra a Pobreza. Todas elas programaron actividades para este fin de semana. O obxectivo? Esixir aos líderes políticos mundiais o cumprimento dos seus compromisos cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio na loita contra a pobreza extrema e a fame que afectan xa a máis de 1.000 millóns de persoas no mundo. Barcelona, Bilbao, San Sebastián, Valencia, Pamplona, Sevilla, Valladolid, Santiago de Compostela,Coruña, Ferrol, Vigo,Ourense,Lugo, Pontevedra entre outras moitas, acollerán diversas mobilizacións.
No vídeo “EU ESIXO” El Canto del Loco, Javier Cámara, Cayetana Guillén Cuervo, Patricia Conde e Marcos Cao esixen aos gobernos o cumprimento dos compromisos asumidos na loita contra a pobreza na Declaración do Milenio do ano 2000. Animan tamén á cidadanía a participar nas manifestacións contra a pobreza que se celebrarán os días 16, 17 e 18 de outubro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario