O sábado 24 de outubro viaxamos a Vigo para participar no IX Encontro da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas, que se celebrou nesta ocasión no Colexio Montesol. A pesares da chuvia e o mal tempo, disfrutamos enormemente desta xornada lúdico-educativa: tivemos a oportunidade de coincidir de novo con moitas caras coñecidas e afianzar os nosos lazos de amizade, aprender e valorar a interculturalidade a través de variados obradoiros, xantar uns fantásticos macarróns con salsa de tomate e porción de pizza "margarita", planificar as nosas axendas solidarias para o presente curso académico, e divertirnos co espectáculo musical "O deserto de Rub Al-Khali", do dúo DVA.
E como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí deixamos unha magnífica presentación fotográfica deste día tan especial...
10-10:30 Acollida e presentación
11:00
Xogos para os e as rapazas.
12:30
Obradoiro "Conecta e Cambio" para
profes e alumnos.
14:00
Xantar
15:30
Xuntanza por grupos.
Planificación das
nosas axendas solidarias
16:30 Actuación lúdica: "O deserto de
Rub Al-
khali" polo dúo
DVA
17:30 Presentación das
axendas solidarias
19:00 Despedida
Pero que
ben sairon todas...!.
Ainda que a que
mellor sain fun eu , que era a que quitaba a foto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario