Andrea Iglesias, técnica de EDUCO, visita de novo o noso centro o mércores 8 maio 2024 para impartir ao alumnado de 4º da ESO unha segunda sesión de formación para preparar o discurso que levaremos ao Parlamento Galego o vindeiro martes 4 de xuño, dentro da Campaña Mundial pola Educación. Xa coas ideas extraídas na primeira sesión de formación que se realizou fai un par de semanas, agora os rapaces e rapazas de 4º da ESO empezaron a redactar o texto, seguindo as directrices de Andrea, experta en ciencias políticas. Aínda non temos o resultado final, teremos que darlle unhas voltas, pero o que si temos moi claro é que queremos reivindicar a importancia da erradicación dos discursos do odio, e iso é responsabilidade de toda a cidadanía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario