lunes, 29 de enero de 2018

CIBERMANAGERS PARA A IGUALDADE







     Motivado polo alto índice de machismo na nosa sociedade e o incremento do mesmo entre os adolescentes, o departamento de psicoloxía de PantallasAmigas*, avalado pola Consellería de Igualdade da Xunta de Galicia, pon en marcha o proxecto “Cibermanagers para a igualdade”, baseado na aprendizaxe servizo solidario. É un proxecto intensivo que se desenvolve no CPI Virxe da Cela, dentro do programa “Por 365 días de respecto e igualdade”, coordinado entre o departamento de Educación Física, a través da materia de libre configuración “Igualdade de xénero” e polo departamento de orientación, ao longo da semana do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro e que consta de varias fases: 

 Fase 1. Formación xeral para os grupos de 2º e 3º de ESO durante dúas sesións, onde se trataron temas como: 
- Privacidade en internet. 
- Redes sociais e os seus riscos. 
- Igualdade e acoso na rede. 
- Ciberdelitos: ciberbullying, sextorsión e grooming 

Fase 2: Capacitación do grupo de voluntarios e voluntarias dos cursos 2º e 3º ESO. O proxecto parecéulles interesante a todo o alumnado e durante tres días documentáronse máis a fondo sobre os temas anteriores para elaborar un proxecto final que lles serviría para, a través da aprendizaxe entre iguais, informar e formar ao alumnado de 5º e 6º de primaria. 

Fase 3: De intervención. O venres, 2 de febreiro, dous alumnos e tres alumnas asumiron a responsabilidade de impartir a sesión e convertirse en “Cibermanagers pola igualdade” aos que poder acudir se alguén ten algún problema ou dúbida dos temas tratados e traballados durante todo o curso.



No hay comentarios:

Publicar un comentario