Roi Guitián, membro da ONG AGARESO (reporteiros galegos solidarios) visitou o noso cole o pasado martes 6 de febreiro de 2018 acompañado por Paula Rojas, técnico da ONG EDUCO, para impartir o segundo obradoiro da CME (Campaña Mundial pola Educación, Plan Proxecta).
A idea deste obradoiro era reflexionar sobre a importancia dunha educación de calidade para cambiar o mundo, que constitúe o obxectivo nº 4 dos ODS (Obxectivos do Desenvolvemento Sostible) e realizar unha pequena acción de comunicación transformadora para acadar este obxectivo. Para todo isto o alumnado de 3º e 4º da ESO realizou diferentes dinámicas e visionou varios spots e campañas publicitarias.
Como produto final os rapaces e rapazas, divididos en grupos, elaboraron lemas animados utilizando a aplicación Legend, creando frases tan contundentes como “A educación é a base de todo” ou “E se todo comeza cunha suma” que sintetizan a importancia da educación como ferramenta para cambiar o mundo. Para rematar este proceso participativo e potenciar a súa incidencia, difundiron estes lemas a través de plataformas dixitais (blog, facebook, instagram, etc).
No hay comentarios:
Publicar un comentario