miércoles, 28 de febrero de 2018
OBRADOIRO "CYBERBULLYING"
O día 27 de febreiro volveu Virginia Aranburu, psicóloga da Fundación Pantallas Amigas, ao CPI Virxe da Cela a seguir informando ao alumnado, esta vez a 5º e 6º de primaria e a 1º de ESO, nun marco de igualdade, dentro do programa do Plan Proxecta, “Por 365 de igualdade e respecto” nos temas de: ciberbulliyng, netiqueta ou normas de comportamento xeral de internet, condutas de risco sobre as que o alumnado debe estar atento (sextorsión, grooming) e privacidade nas redes sociais entre outros aspectos.
Xa pola tarde, para que este traballo teña continuidade no fogar, invitamos ás familias a unha charla con Virginia para explicarlles a formación que recibiron os seus fillos e fillas que titulamos “O uso das tecnoloxías na mocidade”
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario