Pois tal como avanza o lema, dous alumn@s (Laura e
Zito) e dúas profesoras (Yolanda e Verónica) do CPI Plurilingüe Virxe da Cela
aventurámonos ao VI Encontro Global
Entreculturas que tivo lugar en Guadarrama (Madrid) os días 16, 17 e 18 de
febreiro de 2018. Foi un encontro con xente nova de 21 nacionalidades
diferentes e tamén un reencontro de coñecidos e amigos, xa que na nosa
traxectoria de case unha década na Rede
Solidaria da Mocidade Entreculturas xa nos consideramos todos/as como parte
dunha gran e unida familia.
Foron tres días intensos (contando tanto a longa
viaxe en autobús como a estancia no Centro Frai Luís de León) nos que
compartimos experiencias con outras persoas que teñen os mesmos soños e
inquietudes, tal como descubrimos… “O segredo es ti”. Todos e cada un de nós
somos responsables dese cambio tan necesario que hai que provocar para erradicar
as desigualdades e inxustizas e construír un
mundo mellor. Neste encontro estiveron moi presentes os ODS (Obxectivos
de Desenvolvemento Sustentable), eses 17 obxectivos que temos a intención de
acadar para o ano 2030, e precisamente como somos optimistas e queremos facer
real esa utopía, inmortalizamos ese momento cunha recreación da Noitevella que
dará paso ao ano 2030 brindando polo noso éxito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario