A delegación de Ayuda en Acción de Galicia, e no marco do proxecto Education4thePlanet: o bo Camiño cara a Axenda 2030 (financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia), comparte este contido interesante material educativo:
- Guía Educativa para o Activismo Climático.
- Guía Educativa de Secundaria sobre Ecofeminismo(ligazón para descarga).
Durante os últimos 10 anos, a Fundación Ayuda en Acción leva traballando con centros educativos galegos para mellorar e consolidar unha educación de calidade e sen fronteiras. Ante a problemática medio ambiental que sufrimos na actualidade, está a impulsar unha liña de acción vinculada coa Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, coa cal se procura fomentar unha xuventude activa que contribúa na loita ante a emerxencia climática e ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.
Así, Education4thePlanet: o bo Camiño cara a Axenda 2030 é un proxecto galego enmarcado na proposta europea 1Planet4All, onde 14 ONGs de 12 países suman forzas para crear espazos e accións de participación para a xuventude europea ante a problemática medio ambiental. Como froito desta e outras iniciativas territoriais, elaboráronse os recursos que hoxe vos queremos compartir. Ambos documentos están formados por píldoras ou sesións formativas, mediante as cales profundizar en contidos articulados a partir da problemática ambiental. Así mesmo, están acompañadas de actividades e recursos didácticos de maneira estructurada.
Guia Educativa Secundaria_Activismo Climático by veracruces on Scribd
No hay comentarios:
Publicar un comentario