O acontecido en Haití foi algo que deixou a todo o mundo sin palabras. A televisión, xornais, revistas, famosos e xente anónima adícase a axudar aos damnificados: enfermos, feridos, xente que sen culpa algunha deitáronse unha noite a durmir felices xunto as súas familias, facendo planes de vida, e á mañá seguinte amaneceron na traxedia... algúns non o poideron contar, quedando enterrados baixo os escombros. Outros tiveron a sorte de sobrevivir, mais agora lles queda dixerir a traxedia...
Polo tanto, nós decidimos adiantar as datas do noso rastrillo solidario, que xa é algo habitual na nosa escola, para cubrir a emerxencia en Haití. O rastro foi todo un éxito, cada un de nós involucrouse á súa maneira, cos nosos mellores desexos...
Nós, os rapaces e rapazas de 3º da E.S.O., que estamos a atender o posto, vemos como as cousas foron desaparecendo ao longo da xornada, e as mesas van quedando valeiras... temos ganas de que a xente de Haití saia adiante, queremos axudar, aínda sabendo que esto non é máis que un pequeno grao de area, disto somos conscientes, mais tamén temos nas nosas cabezas que algún neno ou nena poderá comer grazas á nosa pequena axuda... Isto dannos unha alegría...QUE NON SE PODE MERCAR..
Xa só por ler un testemuño coma este, merece a pena seguir. Grazas, porque conseguistes emocionarme coas vosas palabras.
ResponderEliminarE noraboa pola vosa actividade. Quedei impresionada e máis convencida, aínda, de que os rapaces e rapazas de Monfero (e Irixoa, por suposto) sodes fascinantes.
Un bico de todo corazón.
Sandra (Entreculturas)
Grazas por deixarnos vivir un dia como este venres.
ResponderEliminarDesde o meu punto de mira foi un exito esto do "mercado" .Eu persoal mente non pensei que se iva a xuntar tanto pero vexo que para as cousas boas TODAS as persoas se unen.
Dar as grazas en especial a Sandra(Entreculturas) por esas palabras que me dixo,sentinme agradecida e emocioneime logo na casa recordandoas.
Espero volver a vivir un dia como este xa que estivo moi ben e ademais por unha boa causa,e decir que o día que perdin no traballo non me importaría perder máis como foi un tema como ese.
Grazas especial mente a todos...
Un bico para todos
Karina
Ojalá muchos alumnos, en muchos sitios, con un poco de conciencia como estos, cambien el mundo.
ResponderEliminaramin este mercadillo pareceume que estivo moi ben porque aqui en galicia case todo o mundo ten as necesidades basicas cubertas e porque nos non vamos axudar xa que podemos a outros paises porque nunca se sabe se nos algunha vez podemos acabar asi. asique eu penso que este mercadillo se poderia repetir para o ano.
ResponderEliminar