jueves, 19 de enero de 2012

SAN VALENTÍN



San Valentín. Este día que ás veces resulta tan comercial pode converterse nunha disculpa para facer unha boa obra: manifestar o amor uns aos outros (acción que ás veces resulta tan difícil) e recadar cartos para investir nunha labor humanitaria. O noso centro CPI Virxe da Cela, nesta actividade organizada polo departamento de actividades extraescolares, convídavos a participar na xornada de San Valentín. Aí van as bases do concurso de cartas de amor. Contamos coa vosa participación.
1. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa. As cartas poderanse redactar en galego e en castelán e entregaranse en sobre aberto, asinadas baixo pseudónimo e no interior do sobre, nunha tarxeta, o nome do autor. Poderanse enviar o número de cartas que se desexe.
2. As cartas poderán dirixirse a calquera membro da comunidade educativa ao cal queiramos amosarlle amor, afecto, gratitude, compañeirismo…
3. O prazo de entrega será desde o día 1 ata o 10 de febreiro de 2012
4. O día 14 de febreiro no recreo da mañá repartiranse as cartas e as flores aos seus destinatarios e faranse públicos os nomes dos gañadores do concurso.
5. Os premios dividiranse en dúas categorías: un premio para o alumnado de 1º e 2º de ESO e outro para o alumnado de PCPI, 3º e 4º de ESO.
6. Os sobres e as tarxetas onde figurará o autor custarán 0,10€ e poderán adquirirse no Departamento de CC.SS. e Música. Tamén se porán á venda flores artesanais de cores que poderán acompañar as cartas. (1€ a unidade).

1 comentario:

  1. É moi bonito ssaber que no cole de Monfero regalase amor e non o amor entre duas persoas ,senon o amor que nos fai ser millores como persoas...
    luz mery

    ResponderEliminar