martes, 24 de enero de 2012

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR POLA PAZ 2012

Achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non violencia e a Paz (DENYP), na súa denominación completa e tal como a acuñou Llorenç Vidal, alá por mediados os anos '60, en coincidencia co aniversario da morte violenta de Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.
Ademais de celebrar o Día Escolar pola Paz, cada 30 de Xaneiro, cousa que debemos facer, sería mellor (e desde logo máis efectivo) celebrar a paz de todos os días e preguntarmonos e interpelar ao alumnado sobre onde está a paz, e en que lugar debemos buscala. Porque non está, como adoitamos crer, fóra de nós, nos grandes líderes mundiais, nin tampouco nas pombas que soltamos, ou nos paneis que debuxamos, nas mans de cores que estampamos en muros e corredores... como ás veces cre o noso alumnado, senón que debemos aprender a escoitar a voz da nosa propia conciencia, dentro do noso corazón, desde aí é desde onde construímos a paz, cada día, connosco mesmo e cos demais. Tal e como o dicía maxistralmente o propio Mahatma Gandhi: "Os únicos demos que existen no mundo aniñan dentro do noso propio corazón".

   Tranversalmente, na materia de Educación para a Cidadanía, nas horas de titoría, e en todas e cada unha das materias, dentro e fóra das aulas, no Plan de Centro, no clima escolar, a educación é sobre todo atmosfera, dicía Henry Adams, temos que aprender a construíla e así celebrar a paz de todos os días, a convivencia, compartir vivencias xuntos, para que o 30 de Xaneiro, non se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.

   Porque as rutinas anulan a paixón e sen paixón dificilmente podemos aprender e educar para facer as paces, así en plural, fronte a todas as violencias.

O Seminario Galego de Educación para a Paz, suxire, nesta ocasión, reflexionar, debater, traballar sobre "A aprendizaxe da democracia na escola", sobre un texto magnífico de José Tuvilla, con distintos recursos e materiais que podedes baixar da web: www.sgep.org.

Unha das actividades realizadas polos alumnos de 1º da ESO , foi a de deseñar  pegatinas alusivas á paz. Estas pegatinas serán repartidas no noso colexio o vindeiro luns, Dia escolar da Paz a todos os nenos e nenas do centro.


Que teñamos, que teñades, un feliz Día Escolar da Non violencia e a Paz, neste 64 aniversario da morte de Gandhi,  para que o 30 de Xaneiro sexa o principio da celebración da paz de todos os días...





6 comentarios:

  1. O pasado día 30 de xaneiro,celebramos o Día da Paz.Como representación botamos unha pomba.Tamén algúns alumnos mencionamos citas dos máis célebres pacifistas e rodamos un vídeo.

    ResponderEliminar
  2. o outro día celebramos o día da paz no noso colegio lemos relatos e tamen soltamos unha paloma para celebrar ese dia emotivo.

    javier bouzón e adrián carballeira

    ResponderEliminar
  3. o luns 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz Mundial e Non Violencia.Nos limos unhas tarxetas con diferentes personaxes que ganaron o Premio Novel da Paz.Antes puxemos en liberdade unha pomba.

    ResponderEliminar
  4. Cintia Grueiro Buján3 de febrero de 2012, 16:27

    O día 30 de xaneiro os alumnos da eso celebramos o día da paz e da non violencia .A min gustoume moito , soltamos unha pomba branca e moi bonita que a troixo un compañeiro ,una compañeira leu un poema de Álvaro Cunqueiro ,OUTRO compañeiro leu unha lectura moi bonita sobre a paz . Despois limos unhas frases de diferentes persoaxes que foron moi importantes para o día da paz ,e pegamolas debaixo dunha pomba de papel xigante onde tiña moitas fotos de alumnos,profesores..O día 30 de xaneiro ademais de ser o día da paz e o día do aniversario de Gandi,e por iso e o día da paz e da non violencia .A min gustoume moito e ainda que facendo isto nese día tan especial non poidamos conseguir a paz en todo o mundo podemos facelo ao noso redor´. Espero que o sigamos facendo mais anos porque polo menos a min gustoume moito.

    ResponderEliminar
  5. O pasado 30 de de xaneiro celebramos no C.P.I. Virxe da Cela o día mundial da paz e non violencia. Algúns alumnos leron unhas frases ou un texto, outro ceibou unha pomba. A nós pareceunos moi chulo e divertido a parte de que celebramos un día moi especial. Esperamos que se volva celebrar e que haxa paz e non haxa violencia, pois é unha cousa moi pero moi mala. Cremos que non se debe facer un día pois xempre debe haber paz e non violencia pois como xa explicamos antes é unha cousa mala e moi fea que non se debe facer nin practicar.

    ResponderEliminar
  6. O lunes 30 de xaneiro no cpi virxen da cela celebrouse o dia da paz e a non violencia.Os profesores nos dieron unhas cartas a alguns nenos do dia da paz para que as foramos ler en alto e tamen votamos unha pomba ao aire.

    ResponderEliminar