viernes, 4 de noviembre de 2011

PASAPORTES SOLIDARIOS




O pasado venres 28 de outubro de 2011 os alumnos e alumnas de 4º da ESO visitaron as aulas de educación infantil e primaria para entregar a cada neno/a o seu pasaporte solidario e explicar as normas de utilización do mesmo. Anaís, Lorena, Marta, Iván, Alba e María recordaron aos máis pequenos a importancia da axuda mutua e dos xestos solidarios, tanto na escola, no ámbito familiar ou en calquera faceta das nosas vidas. Ser solidarios significa facer un pequeno pero importante esforzos para mellorar a convivencia solventar moitos dos problemas da sociedade. Neste documento os nenos e nenas do CPI Virxe da Cela irán anotando en diversos apartados todas as accións solidarias vaian desenvolvendo ao longo do curso. Pais e titores poderán participar activamente neste proxecto, revisando as accións descritas e dando validez ás mesmas a través da súa sinatura.

O Pasaporte Solidario (PS) é unha proposta da Xunta de Galicia, publicado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar Social. É un documento no que se propoñen diversas actividades solidarias.

No CPI Virxe da Cela estamos a traballar desde o curso académico 2008-2009 nun proxecto de centro, Monferosolidario, baseado na educación en valores. Consideramos que o Pasaporte Solidario é un documento moi apropiado para visualizar as accións solidarias realizadas polo alumnado, e que pode contribuír á motivación e participación do mesmo.


INSTRUCIÓNS PARA O SEU USO:

•Cada titor/a recibirá un exemplar do Pasaporte Solidario para cada un dos alumnos/as do seu grupo. A inicio de curso cada neno/a traerá unha fotografía e cubrirá os seus datos persoais no pasaporte.
•Cada alumno/a irá describindo cada unha das accións que vai realizando na páxina correspondente. Precisará a sinatura do seu titor/a ou dos seus pais para dar validez ás mesmas.
•Ao final de curso o titor/a recollerá todos os pasaportes e os entregará aos responsables de Monferosolidario.
•Os participantes recibirán un diploma e haberá premios tanto individuais como colectivos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario