O alumnado de 3º e 4º da ESO fixeron durante o curso pasado un traballo sobre os valores universais, eses valores que nos fan mellores e nos axudan a crecer como persoas acercándonos mais aos demais.
Ningún é novo. Cada valor representa o mellor de cada ser para vivir plenamente e en armonía co mundo,e crear e sustentar as relacións humanas con dignidade e profundidade. Cooperación, liberdade, felicidade, respecto, responsabilidade, tolerancia… son algunhas das expresións que nos tocan día a día e que corresponden co mellor de cada un de nós, do que podemos facer para conseguir, a través da nosa forma de actuar, unha sociedade mellor de todos e para todos.
A verdade e que todos os rapaces e rapazas fixeron un bo traballo de elaboración dos valores, pero sobre todo o que pretendemos e aspiramos é a levalos á práctica.
Aquí vos dixamos unha mostra da exposición sobre "Os valores" que se atopa no corredor que conduce á biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario