Poucas veces podemos facer tantas cousas en tan pouco espazo de tempo. A xornada realizada o mércores día 6 de marzo en Ferrol foi moi completa e moi gratificante para o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela. Ás 9:45 horas os rapaces e rapazas repartíronse caixas repletas de alimentos e bolsas cheas de tapóns de plástico e as levaron ao maletero dos autobuses. Fixemos un tranquilo traxecto Monfero-Ferrol, e a pesares da choiva, carretamos as caixas de alimentos e as levamos á Cociña Económica de Ferrol. Xa é a terceira campaña "Operación Quilo" realizada no noso colexio, e a segunda vez que visitamos as instalacións desta institución solidaria ferrolana. Consideramos que visitar a cociña económica vale a pena aínda que soamente leváramos un paquete de arroz, porque percorrer as instalacións e recibir unha charla explicativa é o punto que nos fai sen conscientes de que un simple xesto individual pode significar a transformación da sociedade. Observamos a limpieza, a pulcritude e a calidez deste local, o trato cordial dos seus traballadores, a calidade dos alimentos que utilizan para elaborar as comidas, etc.
Tras a visita á Cociña Económica, os alumnos/as de 3º e 4º da ESO percorreron o barrio da Magdalena e outras zonas do centro de Ferrol para observar os edificios típicos da arquitectura modernista ferrolana, e así completar un traballo que están elaborando na materia de CCSS. Os máis pequenos, os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO, aprenderon moitos datos sobre a historia naval de Ferrol visitando o Museo Naval desta cidade, observando a multitude de restos de navíos, maquetas, cartas de navegación, etc.
Finalizamos a viaxe solidaria realizando unha última parada na Fundación Seur, situada no Polígono da Gándara, para depositar a decena de bolsas cargadas de tapóns de plástico para unha boa causa, o proxecto "Tapóns para unha nova vida", provovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Foi un día moi especial, e todos e todas experimentamos a agradable sensación de compartir e contribuír á construción dun mundo mellor.
O pasado día 6 de marzo visitamos a cociña económica de Ferrol con motivo de entregar os alimentos que recollimos durante principios de este ano e finais do ano pasado.Cando chegamos alí puidemos observar as instalacións . Eu penso que esta todo moi ben organizado , solo que necesitan axuda e espacio para alimentar a toda esa xente que o necesita nestes tempos tan difíciles para todos.Esto mostrounos que se nos necesitamos axuda , primeiro temos que prestala e despois recibila dos demais . Non costa nada axudar a conservar esta preciosa cociña .
ResponderEliminarUn día en Ferrol:
ResponderEliminarO día 6 de marzo, fomos de excursión a Ferrol a ver a cociña económica e a entregar os tapóns que amablemente doaron as familias desde as súas casas ao igual que ocorreu coa operación quilo (realizada no Nadal).
Na cociña económica depositamos os alimentos recadados e ensináronnos as instalacións. Nela caben 76 persoas aínda que se fan mais de un turno, incluso 3 algúns días. Explicáronnos o seu funcionamento e a súa historia. Quenes a fundaron e incluso “excepcións” que fan cando unha familia ten nenos pequenos, moitas veces cédenlles alimentos para que os preparen nas súas casas.
Despois de visitar a cociña económica dirixímonos a delegación de SEUR para entregar os tapóns de plástico recadados. Entregamos, máis ou menos, unha decena de bolsas e caixas grandes que foron para a campaña “Tapóns para unha nova vida”.
Na nosa opinión, cabe dicir, que a cociña económica realiza unha gran labor xa que os concellos lles envían a eles (unha asociación privada) xente para que teñan algo que levar a boca. Sería recomendable, necesario e importante colaborar con unha asociación na cal recaen moitas persoas ao verse sen nada que levar a boca ou darlles ao seus fillos, e todos, algunha vez na vida podemos vernos nesa situación, nunca se sabe.
Participar na recolecta de tapóns é algo moi bonito e moi fácil para participar, porque non nos custa nada gardalos xa que hoxe en día moitos envases traen tapóns de plástico. Sentímonos orgullosos de colaborar coa xente que o necesita con un simple xesto.
UN DÍA SOLIDARIO.
ResponderEliminarO outro dia fomos a Ferrol, de excursión a entregar uns tapóns a SEUR para que o envíe a unha fábrica e dea a cambio cartos para un proxecto que se chama TAPÓNS PARA UNHA NOVA VIDA. Esta fundación trata de axudarlles aos nenos e nenas que necesitan operarse ou necesitan unha axuda, pero como non teñen os suficientes cartos non poden facelo.
Tamén fomos a cociña económica de Ferrol, onde levamos uns alimentos que recadáramos no colexio. A señora explicounos como era iso dia a dia, o que pasaba, quen participaba, sobre cantas persoas había alí a hora de comer, e que algunhas persoas ao ter nenos ou nenas pequenos que preferían en vez de comer alí levar os alimentos para a casa e cociñalos eles mesmos. Explicounos que tamén moita xente levaba alimentos que traía da casa, algúns que tiñan hortas ou leiras nas súas casas e levaba varias caixas para alí, voluntariamente e sen obrigacións.
Isto paréceme moi ben xa que deste xeito as persoas non teñen que estar pedindo pola rúa nin tirados pola calle nin enfermos por falta de fame.
Deste xeito, aínda que pareza que non se nota, as persoas que o necesitan si o notan e agradéceno día a día. Eu quero axudar xa que ao mellor algún conocido ou eu mesmo pódome atopar no lugar de esas persoas.
En xeneral gustoume a excursión, xa que deste xeito aprendín novas cousas e paseino moi ben. Espero poder volver outro día e continuar axudando a xente que o necesita. Ademais paréceme moi bonito poder axudar con unhas causas como estas así ademais sentirme ben eu mesma por axudar as persoas que o necesitan.
Cintia Grueiro Buján.
O pasado día 6 de marzo os alumnos do C.P.I Virxe da Cela fomos a Ferrol a entregar unas 15 caixas de comida a Cociña Económica, que previamente recolleramos no noso centro escolar, ao chegar a cociña económica recibíronos coas portas abertas, nos íamos a entrega as caixas, e logo explicáronos un pouco como funciona a cociña económica, ensináronos a cociña, o almacén, as persoas que reciben diariamente son máis ou menos unas 270 diarias a xantar, en tres turnos de 76 persoas.
ResponderEliminarEsta entidade que da alimento a tanta xente é privada e leva funcionando dende o día 20 de setembro de 1891, os concellos de Ferrol e Narón aproveitan que teñen esta entidade privada e destinan alí a xente, cando debían de ter a súa propia cociña económica.
Esta entidade ademais de dar comidas alí, dan bolsas de comida a xente que ten fillos pequenos, para que os nenos non sufran por estar alí.
Nos pensamos que esta entidade esta moi ben porque nestes tempos que están correndo hai moitas persoas, incluso con nenos, que non teñen para comer, nos pensamos que a xente que pode debe de colaborar intensamente porque nunca se sabe cando o vas a necesitar ti, e se chegas a necesítalo gustaríache poder recibir estes alimentos. Tamén me parece que está moi ben que haxa persoas que axuden na Cociña Económica como voluntarios.
IRIA VARELA INFANTE
EREA FERNÁNDEZ LENCE
O pasado día 6 de marzo fomos ver a cociña económica de Ferrol.
ResponderEliminarUnha muller ensinounos como era a cociña e como traballaban. Vimos como cociñaban e o seu almacén, no que había moitos alimentos.
Dixéronnos que o concello de Ferrol lles daba axuda. É importante que os concellos e xente en xeral axuden a cociña económica. Porque a cociña axuda a xente necesitada que non pode comer, e ao mellor teñen fillos que necesitan alimentar. A xente debería axudar a cociña porque se eles estivesen na situación desas persoas necesitadas, esperarían que fixesen o mesmo por eles.
Tamén fomos levar tapóns a SEUR para axudar a unha nena discapacitada. En concreto levamos doce bolsas e unha caixa cheas de tapóns. A xente debería gardar os tapóns das botellas, porque non costa nada . É algo tan sinxelos como gardar os tapóns que vaian tirar nunha bolsa ou nunha caixa, para logos darllos a SEUR e estar axudando a unha nena discapacitada a poder curar os seus problemas.
Isto demostra que cun pequeno xesto podemos axudar a moita xente e dando un bo exemplo a outras persoas para que fagan o mesmo.
El pasado día 6 de marzo visitamos la empresa SEUR con motivo de entregar los tapones que recaudamos para que ellos los entreguen a una fundación para conseguir que una niña que esta enferma consiga los tratamientos necesarios para curarse . Esto es algo ejemplar que todos debemos hacer para salvar a los discapacitados de hoy en día.
ResponderEliminarEsta mañana tocaron a mi puerta. Yo vivo en una de esas casas que dan a la calle. Una de esas que parecen de gente acomodada (ja…me río por lo que me toca…), de gente que no vive dramas callejeros, ni necesidades primarias, ni tristezas cotidianas por la falta de lo que nos parece básico. Tardé en acudir a mi cita con el telefonillo. Estaba en la planta de arriba, con mi ordenador escribiendo, en pijama y sin las zapatillas para bajar las escaleras más rápido. Cuando llegué a responder esperaba la voz de un vendedor de seguros, de un “adventista del séptimo día” o lo que es peor, de alguien con una cartita de la hacienda pública…nada más lejos de la realidad. Después de mi primer SI?...no escuché ninguna voz, lo cual me produjo un alivio instantáneo al no tener que atender a nadie en esos momentos, a alguien que me sacara de mi rutina endogámica y supuestamente desahogada. Quise colgar pero algo me hizo esperar unos segundos más de la cuenta al otro lado de la realidad. Enseguida escuché la voz agitada de una mujer que suplicaba una ayuda. Ese “por favor, necesito comida para mis hijos” en la distancia y con una voz que denotaba fatiga por la carrera me pareció en un principio una especie de amenaza… Mi primera respuesta fue cortés y despiadada; “lo siento, no te puedo atender en estos momentos”. Pero qué rayos tenía yo en la cabeza para responder así???? Miedo, vergüenza, rechazo, incomprensión, ignorancia?????? Ella no me dio tiempo a que colgara y sentirme libre de culpas y amenazas; su siguiente frase fué “le estaremos muy agradecidos, cualquier cosa que nos dé para comer nos será de mucha ayuda”. En ese instante se me rompió la coraza absurda que todos nos ponemos ante lo desconocido y con un timorato, espere un momento, cogí una bolsa y metí una bandeja de carne picada recién comprada y dos bricks de crema de calabaza…vamos, lo primero que pillé. Por mi cabeza pasó darle todas mis conservas, mis congelados y mis cartones de leche…pero tuve miedo, miedo de verme en la misma situación y de que no hubiera nadie para ayudarme. Abrí la puerta y vi a una mujer de unos treinta y pocos, normalmente vestida y con una mirada mezcla de vergüenza, tristeza, desazón y rabia; por un momento se me pasó por la cabeza que me iba a encontrar a cualquier persona extranjera pidiendo limosna, cosa que me hubiera producido la misma sensación de tristeza, pero no fue así. No me miró a los ojos, no hacía falta. Ella se llevó la bolsa sin mirar el contenido. Yo me sentí como un gusano. Pude haberle dado mucho más, pero luego comprendí que eso sólo hubiera aliviado el dolor un solo rato…Lo que quiero decir con esto es que somos dueños de nuestros actos, de lo que damos y de lo que no, pero que no nos vendría mal un “mirarnos al espejo” y preguntarnos qué es lo que somos… si somos más por ganar y tener más, si nunca nos va a pasar lo que a esa mujer que nunca lo esperó, si nuestra fama está por encima de nuestra humanidad. Sólo me pregunto si no deberíamos cultivar nuestra empatía; una de las virtudes más bellas de la humanidad….si no deberíamos hacer mucho más de lo que hacemos.
ResponderEliminarO pasado mércores 6 de marzo fomos a fundación SEUR a facerlles entrega dunhas 12 bolsas e unha caixa de cartón grande. Esta recollida levámola a cabo o colexio C.P.I. Virxe da Cela con axuda de todos os alumnos, os profesores e as familias que se acordan de recolectar os tapóns. Estes tapóns van destinados a diferentes causas benéficas, foron para a operación dunha nena que lle faltaba un brazo …
ResponderEliminarA nos esta recolecta parécenos ben, porque todos temos dereito a ser curados, e unha operación dese tipo e moi custosa e moi importante para a nena e a familia, porque grazas a esa operación a nena poderá facer vida normal e sen axuda de nadie. Nos pensamos que todos as persoas deberían de pensar nos demais e participar nesta recolección benéfica, todo o mundo ten tapóns de plástico nas súas casas, que máis lle da tiralos ao lixo que recollelos e entregalos nun sitio que os recollan? Nos pensamos que lles da o mesmo e que se sentirían mellor recolectandos, porque poderían dicir grazas o meu gran de area que aportei esta nena poderá ser curada, e sentiríanse orgullosos de si mesmos. A si que todos aqueles que poidades recollédeos e levádeos a un lugar onde os recollan que hai moitos.
IRIA VARELA INFANTE
EREA FERNÁNDEZ LENCE.
El pasado miércoles, 6 de Marzo, fuimos a Ferrol de excursión a 4 sitios: A la Cocina Económica, al Museo Naval, al edificio de SEUR a entregar los tapones que recogimos entre todos y a Odeón. En la Cocina Económica nos enseñaron las instalaciones y en general nos hablaron de la historia de la Cocina Económica, sus integrantes, su relación con el ayuntamiento, cómo colaboraba la gente y, además, nos dieron unas memorias, que son unos libros que recogen la historia de la Cocina Económica de Ferrol. Me pareció muy interesante esta idea ya que con gente voluntaria y solidaria como ellos, la gente que por un motivo o por otro no se pueda permitir el dinero de la comida pueda ir a la Cocina Económica y comer allí, gracias a la generosidad de buenas personas que entregan alimentos, que luego son cocinados y servidos en la Cocina Económica.
ResponderEliminarEl Museo Naval estuvo muy interesante, nos enseñaron mucha historia sobre España y los diferentes barcos como el de Juan Sebastián Elcano, un buque escuela grandísimo. Me gustaron también las maquetas a escala de los barcos, destacando entre todas una maqueta que era totalmente funcional, creada por los alumnos de cierta escuela náutica, que nos dijo la guía turística que si la echabámos al mar navegaba. Funcionaba todo, el timón, las puertas, los cañones, las velas... TODO. EXCEPTO los camarotes ja,ja. Luego fuimos al edificio de SEUR, donde entregamos los tapones recogidos por todos los alumnos. Eran 12 bolsas grandes, llenas de tapones a rebosar. Y tanto que estaban a rebosar, que una de las bolsas se rompió y perdió unos pocos de tapones por el camino. Los llevábamos porque hay una niña que nació sin un brazo, y SEUR lleva los tapones a una empresa de reciclaje para que le dé dinero a la familia, y poder pagar el implante de un brazo mecánico. Después de llevar las bolsas y colocarlas en dos palés, fuimos al Centro Comercial Odeón, (Ahora Dolce Vita). En general nos lo pasamos muy bien. Yo volvería a hacer una excursión de este tipo, la verdad.
O pasado día 6 de marzo, tivemos unha saída extraescolar a Ferrol. Saímos as 9:50 do cole. Primeiro fumos ás Cociña Económica de Ferrol a levar unha ducia de caixas repletas de comida que obtivemos grazas á operación quilo que facemos todo-los anos, dende que eu me lembro.Xa alí unha das voluntarias levounosa ensinar o edificio onde se situa: a cociña, o almacén...Tamén nos deu unha pequena charla informativa sobre os problemas que tiñan pola falta de espacio de almacenamento, xa que había moita xente que aportaba. Pouco despois fomos levar a SEUR os tapóns que tamén foramos recollendo pouco a pouco no cole, eran doce bolsas de distintios tamaños e unha caixa repleta que debía de ser un moble. Aínda quefomos todos, os dous autobuses, só baixamos os xustos para transportar as bolsas e para min foi bastante avergonzante que baixasemos tan poucos, estandos todos. Cando terminamos, era hora de ir comer así que fomos ao Centro Comercial Odeón.
ResponderEliminarGústoume moito ir e sentinme moi ben ao saber que estaba facendo algo bo e volvería a facelo encantada.
Iván Guzmán (2º ESO) O mércores dia 6 de marzo fomos de excursión coa escola á cociña económica de Ferrol a levar unas caixas de comida e mais mirar a cociña. A muller que nos atendeu explicounos como funcionaba e mais as empresas que colaboraban.Eu estou de acordo coa cociña porque moitas persoas que non teñen que comer poden ir comer alí gratis,e as que teñen fillos poden ir buscar a comida para darlle aos nenos.
ResponderEliminarDespois fomos a SEUR levar unas caixas de tapóns de plástico para axudar os nenos discapacitados con algúns problemas.
Óscar Paz (2º ESO) O mércores día 6 de marzo fixémoslle unha visita a cociña económica para facerlles unha entrega de alimentos para todas as familias que non poden comprar alimentos,logo a guía estívonos dando unha charla sobre cantas comidas e ceas. A verdade é que pareceron unhas cifras escandalosas porque todos nós non nos damos conta de canta necesidade pasa moita xente, xa non solo economicamente senón tamén da fame que se pasa día tras día. A min paréceme un verdadeiro xesto de solidariedade todo o que fai algunha xente para axudarlle a outras persoas que non teñen recursos coma todos nós.
ResponderEliminarLogo fomos a SEUR facer a entrega de tapóns para axudar a unha nena que padece unha enfermidade moi cara e que a súa familia non pode pagar. Por iso que a todos nós non nos costa tanto recoller os tapóns que nas nosas casas se tiran o lixo,isto significa que todos podemos ser un pouco solidarios.¡¡¡ Que se anime todo o mundo a aportar o seu gran de área porque no futuro podemos ser nós os que necesitemos axuda ANIMADEVÓS!!!
Alexandra Gheorghe (2º ESO) O dia 6 de marzo fuimos a unha excursion todos os alumnos da eso , fuimos a cociña economica de ferrol a llevar los alimentos que trouxemos cada un das nosas casas.Despues fuimos ao museo naval de Ferrol a ver cousas antiguas enseñounos a monitora uns barcos feitos de distintos colegios y unas calculadoras que eran para ver as cordenadas xeograficas.Antes o museo que fomos ver nos amonitora dixonos que foi una prision.Despois fomos comer ao Odeon .A min gustoume moito espero que se repita esta excursion mui pronto.
ResponderEliminarAlexandra Gheorghe (2º ESO) O dia 6 de marzo fuimos a unha excursion todos os alumnos da eso , fuimos a cociña economica de ferrol a llevar los alimentos que trouxemos cada un das nosas casas.Despues fuimos ao museo naval de Ferrol a ver cousas antiguas enseñounos a monitora uns barcos feitos de distintos colegios y unas calculadoras que eran para ver as cordenadas xeograficas.Antes o museo que fomos ver nos amonitora dixonos que foi una prision.Despois fomos comer ao Odeon .A min gustoume moito espero que se repita esta excursion mui pronto.
ResponderEliminar