Convidadas pola ONG Entreculturas en representación do profesorado galego, dúas profesoras do CPI Virxe da Cela e coordinadoras do proxecto Monferosolidario participaron no Encontro de traballo da Rede de Educación para a Cidadanía Global, que tivo lugar o pasado sábado 9 de abril de 2016 en Braga (Portugal). Esta reunión serviu para difundir o traballo que se está a realizar tanto no noso centro como en xeral na Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas en Galicia, e para establecer un punto de encontro que facilite posteriores intercambios entre Galicia e o Portugal.
Foi unha xornada moi intensa onde comprobamos a enorme implicación que teñen os/as docentes portugueses pertencentes á Rede de Educación para a Cidadanía Global, unha rede moi nova, con apenas dous anos de traxectoria, e que está loitando por introducir as prácticas de Educación para a Cidadanía Global no día a día das escolas portuguesas. Esperemos que outros moitos docentes se unan a esta rede loitando polo mesmo fin, e seguro que co grande esforzo e enormes ganas que están a poñer, irán pouco a pouco transformando non só a educación, senón a sociedade e xeral. Moito ánimo e parabéns polo voso traballo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario