lunes, 1 de junio de 2009

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O próximo 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente. Baixo o lema:
"A TERRA COMPROMETIDA"
, queremos aproximarnos á difícil situación que atravesa a biodiversidade existente en moitos lugares do mundo e os/as que a habitan, por causas que teñen que ver coa actividade humana e, que en gran parte dos casos, poderían ser evitadas.

A desertización que se está a dar en moitos lugares do noso planeta pode ser natural pero en gran parte dos casos é provocada ou agravada por actividades humanas como o sobrepastoreo, a tala de árbores, o mal uso do chan e da auga ou o modelo de consumo actual, que incide no aumento do efecto invernadoiro, causando o quecemento global.

Segundo o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, a desertización ameaza á cuarta parte das terras do planeta.






Consecuencias: A desertización comporta fame, pobreza, guerras.
No mundo hai:

• máis de 100 millóns de persoas que sofren a ameaza do éxodo debido á inseguridade alimentaria.

• 25 millóns de persoas que se viron obrigadas a emigrar debido á desertización das súas terras.

A situación destas persoas non está recoñecida internacionalmente, polo que non existen estruturas de acollida para elas a diferenza do que ocorre coas persoas que se ven obrigadas a deixar os seus fogares por outros motivos. Expertos en desertización e migracións comezan a avogar polo recoñecemento internacional do estatus de "Refuxiado ecolóxico".

Actividade:
Propoñemos unha viaxe imaxinaria a partir da cal traballaremos o respecto e o coidado recíproco para a Terra. Iníciase cunha historia que deberá ser continuada en asemblea entre todos e todas e posteriormente traballaranse con debuxos a importancia dos elementos naturais e o compromiso que debemos asumir de coidado para eles/as.

Xesto:
Comprometéndonos coa Terra

Cadaquén pensará algunha acción que poida asumir de compromiso coa Terra (reciclar, reducir consumo, reempregar, informarse, sensibilizar a outros/as,…) e erguerase a poñer unha tiriña no mundo debuxado no cartel dicindo en voz alta o seu compromiso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario