O Instituto Cervantes de Madrid foi o escenario no que se desenvolveu A Gran Lectura, o acto principal da Semana de Acción que promove tódolos anos a Campaña Mundial pola Educación (CME). Este evento, ao que acudiron preto de 100 persoas entre escolares, docentes, membros de ONG e representantes políticos, tivo como obxectivo poñer de manifesto a importancia da educación na loita contra a pobreza, en concreto, a campaña centrouse este ano na alfabetización de persoas novas e adultas.
Neste sentido, na última parte do acto, os alumnos e alumnas -en representación de todos os colexios españois que participaron na SAME 2009-, expresaron coas súas palabras a importancia que para eles ten a educación e, polo tanto, a necesidade de garantir este dereito a todas as persoas do mundo. A continuación, Luís Arancibia, presidente da Coalición Española da CME, solicitou á os representantes políticos asistentes ao acto unha firma de compromiso cos obxectivos da campaña. A firma, plasmada ao final do Gran Libro de Relatos, constitúe un compromiso dos líderes políticos de contribuír á meta de Educación para Todos en 2015.
Peticións formais da Campaña:
1. Destinar, polo menos, o 0.7% do orzamento español a Axuda aos países do Sur.
2. Destinar máis diñeiro da Axuda Oficial ao Desenvolvemento para a Educación Básica dos países do Sur, polo menos o 8%.
3. Continuar apoiando iniciativas que favorezan unha Educación para todos e todas, como a Iniciativa de Vía Rápida e o Canxe de débeda por educación.
4. Eliminar as condicións da axuda, renunciando a impoñer a compra de bens ou servizos de orixe española, así como outro tipo de condicións macroeconómicas que contradigan obxectivos como o reforzo do gasto en Educación.
5. Respectar e protexer as políticas educativas dos países do Sur que dean prioridade á formación e mellora das condicións de vida dos e as docentes.
6. Aumentar considerablemente a porcentaxe de AOD destinado á alfabetización de persoas novas e adultas, que actualmente está en torno ao 5% do adicado a educación.
7.Garantir unha axuda de xeito estable e a longo prazo, para que os países do Sur poidan planificar as súas políticas educativas adecuadamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario