Despois de todo un curso traballando no proxecto Education4ThePlanet 2024-2025 a xuventude galega activada pola Axenda 2030 e a Acción polo Clima, unha iniciativa que foi posible grazas ao apoio da Fundación Ayuda en Acción, toca agora amosar os resultados, xa que consideramos que é imprescindible visibilizar o noso traballo e o noso esforzo e tamén acadar incidencia política e social.
O martes 27 de maio de 2025 contamos coa presencia de Alberto Cortizas, teniente alcalde do Concello de Monfero, que visitou o noso centro para a inauguración da nosa exposición de “Ariivismo” e tamén con Laura Gómez Vales (técnica da Fundación Ayuda en Acción para Education4ThePlanet) que leva todo o curso acompañándonos neste proxecto, que explicou os obxectivos do proxecto e as actividades desenvolvidas, todo isto recollido nun gran panel expositivo. Varios alumnos/as de 1º e 2º de ESO presentaron as obras "artivísticas" que realizaron utilizando materiais de refugallo que eles memos/as recolleron nunha xornada de limpeza na praia do Pedrido (abril 2025).
E aproveitando a visita desta figura política, convidámolo ao noso estudio radiofónico para facerlle unha entrevista. Foi un faladoiro moi agradable, non que Alberto recordou tempos pasados neste centro educativo ao que el tamén asistiu como alumno xa fai uns anos, e tamén explicou minuciosamente as medidas que se poden levar a cabo nun concello do rural galego para poder acadar os obxectivos da Axenda 2030, en concreto especialmente o 11 e 12, enfocados no medio ambiente, abordando temas como o cambio climático e a sustentabilidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario