A Fundación Vicente Ferrer remitiu ao noso centro unha carta de agradecemento e un recibo acreditativo da trasferenica de 1.000 euros realizada a data de 15 de xuño de 2011. Estes cartos eran o resultado da recadación dun rastro solidario que celebramos en Abril, coa finalidade de concienciar ao noso alumnado e á comunidade educativa en xeral da importancia das nosas accións na construción dun mundo mellor. Agora os nosos esforzos van ter resultados visibles, xa que coa nosa colaboración de 1.000 euros participaremos nun proxecto de construción dunha escola na aldea de Rachepalli, situada na area de B.K. Samudram, Anantapur (A India). A Fundación Vicente Ferrer elaborou un documento PDF incluíndo os datos técnicos deste proxecto.
UN SOBRE CON MOITO AMOR.
ResponderEliminarHoxe venres día 23 de setembro recibimos un sobre dos nenos e nenas de Anantapur. Mandaronos un sobre con un dossier que tiña fotos, e recetas de comidas e moitas cousas máis. E para iso fomos a biblioteca do noso colexio donde os alumnos da clase de 4º de E.S.O nos foron explicando varias cousas por ejemplo: charlas, talleres e proxectos que realizaron o ano pasado.
Un dos proxectos foi que explicaronlles aos nenos de 5º e 6º de primaria as distintas comidas e tamén distintas especias que teñen na India.
Tamen nos dixeron que eles van apadriñar un neno ou nena de Anantapur entre toda a clase e propuxéronos se queriamos apadriñar nós outro e xa se uniron varias persoas e están pensando en apadriñar dous nenos.
DE GALICIA PARA ANANTAPUR CON CARIÑO
ResponderEliminarO día 23 de setembro fumos á biblioteca do centro e os alumnos de 4º de ESO e os de 2º de ESO abrimos un paquete que nos enviara o colexo de Rachepalli que contiña un dossier con imaxes do que facían no seu colexio e moitas cousas máis .
Nós no mes de marzo enviamoslle bombóns e mostramoslle comidas típicas de aquí que fixemos durante o curso.
E tamen nos propuxeron apadriñar dous nenos e xuntáronse varias persoas e van apadriñar dous nenos da fundación Vicente Ferrer.
SANDRA GRUEIRO PÉREZ
SOLIDARIOS COA FUNDACION VICENTE FERRER
ResponderEliminarNo noso colexio o curso pasado fixemos un rastro solidario, no que recadamos 1000€ e que mandamos á Fundación Vicente Ferrer para facer un colexio en Anantapur. Ademais mandamos un traballo que fixemos no colexio e unha caixa de bombóns.
Eles o 23 de setembro mandaronnos un regalo que era un dossier con fotos e comentarios no interior. A parte diso tamén nos deron as grazas pola axuda recibida por parte deste colexio. O colexio facerano en Rachepalli.
Os alumnos/as de 4º e alguns de 2º de E.S.O apadriñán un neno/a.
Alba Amenedo Picallo e Silvia Lopez Villasenin de 2º E.S.O
Intercambio de fotos
ResponderEliminarHoxe día 23 de septiembre estivemos na biblioteca os de 2º e 4º da E.S.O abrindo un paquete, no que viña un caderno con fotos da escola, tamén mandaron fotos conforme facían a comida e explicaban como se facía.Nos a eles mandámoslles un sobre con fotos, un caixa de bombóns, debuxos dos nenos de primaria.
Tamén estamos axudando a construír unha escola alí na India e mandámoslles 1000 euros que recaudamos nun rastrilo solidario, que facemos un rastrillo cada ano.
Algúns nenos de 2º e 4º da E.S.O están colaborando cao adopción de dous nenos na India.
Na opinión de Iván gustoulle....
Na miña tamén me gustou moito sobre todo as fotos na que explicaban a maneira de facer a comida, gustaríame aprender a facer algunha delas.
Yaiza e Iván 2º E.S.O
Hoxe estivemos na biblioteca abrindo un paquete que nos mandaron da escola da India coa que tivemos un intercambio o ano pasado. Nese paquete mandáronnos un dossier con fotos da súa escola e da súa comida. Nós tamén lles mandamos fotos e mais caixas de bombóns.
ResponderEliminarTamén estamos facendo unha escola na India cos cartos que recadamos nos mercadillos solidarios. Xa ingresamos na conta da fundación Vicente Ferrer 1000 €. Eu tamén estou colaborando para adoptar un neno da India. A idea foi dos rapaces e rapazas de de 4º da ESO, e algúns nenos de segundo tamen estamos colaborando con eles.
Nos xa vimos o informe de localización e esta bastante ven a escola vai ser mais pequena que a nosa pero esta bastante ben
Adrián e Miguel 2º da ESO