lunes, 23 de mayo de 2011

XII ENCONTRO DA REDE DA MOCIDADE ENTRECULTURAS





Como xa ven sendo unha tradición, reunímonos cos outros centros integrantes da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas en Rianxo. Esta xuntanza celebrouse o pasado sábado 21 de maio de 2011, e nesta ocasión asistimos sete alumnas e dúas profesoras do CPI Virxe da Cela. Comezamos a xornada con xogos e dinámicas, nas que o alumnado reflexionou sobre as súas vivencias e experiencias dende que forman parte da rede. Posteriormente, cada centro elaborou un pequeno mural no que a través de textos e imaxes reflectiron o seu paso pola rede, resultando unha memoria visual coas múltiples actividades que se foron realizando. Tras un xantar colectivo, fixemos un pequeno descanso relaxándonos e divertíndonos co "show" de Pedro Brandariz, que en clave de humor fixo referencia á idionsincrasia galega. Como punto final, o alumnado de cada centro, acompañados polos seus profes, sairon a presentar e a explicar o seu mural. Un momento moi emotivo foi unha pequena homenaxe que se lle brindou aos alumnos/as que este ano deixan a rede, xa que rematan os estudos de ESO...







No hay comentarios:

Publicar un comentario