O pasado sábado 7 e maio de 2011 tivo lugar a presentación do proxecto Monferosolidario no Máster de Xestión da Cooperación Internacional e ONGs da Universidade de Santiago de Compostela. Esta actividade realizouse na Facultade de Ciencias Políticas, en horario de 12:00 a 13:00. Unha vez máis o protagonismo recaeu no noso alumnado, xa que dúas alumnas do centro, Anaís Buyo (3º ESO) e Luz Mery Barral (4º ESO) foron as encargadas de explicar a traxectoria deste proxecto e de falar en primeira persoa das súas motivacións, utopías e soños no seu compromiso coa solidariedade. Contamos tamén coa intervención de Ana Collado, nai de Anaís, que alentou ás familias a tomar un rol máis activo no proxecto, recalcando a importancia de ir sembrando pequenas semillas de solidariedade e amor entre a xente máis nova. Unha vez rematada a intervención, J. Luís Pastoriza, técnico de Entreculturas e docente dun dos módulos do máster, analizou a traxectoria de Monferosolidario e resaltou como un dos grandes logros o feito de enfocar o noso campo de acción dende o protagonismo da mocidade.
No boletín on-line de Entreculturas podedes atopar unha crónica da actividade:
Entreculturas.org:
No boletín on-line de Entreculturas podedes atopar unha crónica da actividade:
Entreculturas.org:
xa estou facendo a cronoca de este dia por santiago. foi moi interesante "darlle clase" auns chavales mais maiores que nos.
ResponderEliminareramos poucos e todo foi moi familiar.
un dia moi interesante.
Noraboa por ser como sodes, polo voso saber facer, polo voso compromiso, pola vosa solidariedade e por intentar traballar por conseguir un mundo mellor. Animo e seguide así. Se houbera mais xente coma vos o mundo sería un chisquiño mellor. Apertas a tod@s e arriba Monferosolidario.
ResponderEliminar