jueves, 19 de mayo de 2011

CHARLAS E OBRADOIROS "A COMIDA", F.V.F.

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer, no que participamos desde o pasado curso académico 2009-2010. Consiste nun intercambio cultural e de tradicións entre unha escola española (CPI Virxe da Cela) e unha escola india (este ano asignouse a Pinnadari School, situada en Atmakur). No presente curso académico 2010-2011 o proxecto está centrado na temática da gastronomía india. O alumnado de 3º da ESO encargarase de impartir unha charla e uns obradoiros para explicar ao alumnado de 3º ciclo de Primaria as características fundamentais da gastronomía e os hábitos alimenticios na India. A charla e os obradoiros levaranse a cabo de maneira simultánea o vindeiro luns 23 de maio de 2011 nas aulas de UUMM2 e UUMM3.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria levarán bolígrafo e lapis de cores para completar as fichas dos obradoiros. Tamén traerán a ficha sobre a gastronomía galega que previamente elaboraron na aula.

No blogue Monferosolidario podedes consultar todo o material elaborado para a realización das charlas e os obradoiros.









No hay comentarios:

Publicar un comentario