Por segundo ano
consecutivo o CPI Virxe da Cela e o ANPA deste centro educativo firmaron un
convenio de colaboración coa Fundación Ayuda en Acción. A través deste
documento esta fundación levará a cabo no noso centro un programa orientado a
xerar cambios positivos na sociedade, nas familias e nos nenos e nenas. Entre
as accións previstas figuran a creación de redes de apoio mutuo para fortalecer
o traballo en equipo e impulsar esta rede entre a comunidade educatia,
implicando a docentes, familias e alumnado e outros axentes sociais que
interveñan na creación dunha contorna socio-educativa máis favorable. O
presente acordo de colaboración entrará en vigor a partires da data da súa
sinatura (12 de marzo de 2015), e terá unha duración do curso escolar vixente,
coa posibilidade de prorrogarse para o vindeiro curso académico. Proximamente o
centro educativo inscribirase na vixente edición do programa educativo da
Fundación Ayuda en Acción “Agora Toca…”,
incorporando no currículo escolar as propostas educativas e actividades do
mesmo, principalmente a través das accións de Monferosolidario.
Bardzo fajnie napisane. Pozdrawiam serdecznie.
ResponderEliminar